Notas
-
A mostra Palillando no Camiño reúne uns 200 traballos feitos polas integrantes de oito asociacións de palilleiras procedentes de diferentes comarcas da provincia lucense e ofrece demostracións en vivo e leccións prácticas sobre esta típica artesanía. As pezas son maioritariamente de inspiración tradicional galega, pero tamén belga ou danesa.
-
Destaca a importancia de poñer en marcha, no menor tempo posible, un marco salarial homoxéneo de retribucións das corporacións locais e incide na necesidade de defender as especificidades territoriais á hora de determinar o custe estándar de cada servizo.
-
Cultura e Educación pon en marcha no Gaiás o ciclo de concertos "Pel de Galiña" con Noa, Silvia Pérez Cruz, Gabriela Montero, Uxía e Gregory Porter. Noa, xunto ao cuarteto napolitano Solis String Quartet, inauguran o ciclo o 21 de maio no Museo Centro Gaiás.
-
Benestar subliña que o Plan de Dinamización Demográfica conta con máis de 70 medidas transversais para impulsar a natalidade en Galicia. Entre as medidas contempladas no documento destacan a mellora dos beneficios fiscais, casas neno e axuda no fogar e no acceso a vivenda.
-
A Gala Lvcvs Moda 2013 fomentará a moda e do deseño lucense con fins benéficos, xa que a recaudación do evento destinarase ó Fogar do Transeúnte. 5 deseñadores, 14 firmas de artesanía, 7 peluquerías e 18 colaboradores participan nesta gala que se celebrará no MIHL.
-
Anunciou que o Sergas incluirá este ano 2013 un 25% de vías rápidas para patoloxías oncolóxicas, cunha espera media inferior a 15 días. Consolidar o modelo orientado aos pacientes crónicos e reforzar as listas de agarda por prioridades, outros obxectivos.
-
Cultura e Educación pon en marcha os certames de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2013 da Biblioteca Nodal de Lugo, nos que olaboran centros da provincia. O prazo de presentación de traballos nesta convocatoria remata o día 9.
-
Por en valor o termalismo como eixo estratéxico, a cooperación entre as vilas e cidades termais e a promoción e difusión da riqueza da auga e dos mananciais, son algúns dos obxectivos do proxecto Cafés de Europa de fomento dos valores termais de zonas europeas.
-
Feijóo asegura que “aproveitamos a oportunidade” de Pemex ao confirmar a construción dos dous floteis e a base loxística no Porto da Coruña, e ao abrirse a vía para a renovación da súa flota menor e a entrada no capital dun estaleiro da ría de Vigo.
-
O grupo parlamentario do BNG pide que se debata e se vote no Parlamento de Galicia o cese do Valedor do Pobo, José Julio Fernández, polas súas declaracións sobre as polémicas fotografías do presidente da Xunta con Marcial Dorado. Di que as súas palabras exceden as súas competencias.