Notas
-
Turismo de Galicia, a través do Xacobeo, e a asociación italiana I Cammini di Francesco asinan en Rieti un convenio de colaboración para afondar na investigación sobre San Francisco, o Apóstolo Santiago e a cultura Xacobea, e promover o recoñecemento do Camiño de Francisco como Itinerario Cultural Europeo.
-
Máis de 6.000 persoas visitaron esta fin de semana en Agolada o III Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, organizado por Economía e Industria. Esta iniciativa, pensada tanto para o público xeral como para os profesionais, permitiu abrir novas vías de colaboración e oportunidades de negocio para os artesáns e emprendedores participantes.
-
A directora de Turismo da Xunta interveu nos Cursos de Verán da Universidade de Málaga sobre a potencialidade dos percorridos no desenvolvemento turístico e a difusión dos territorios. Destacou o Plan Integral de Turismo e o VIII Centenario da Peregrinaxe de San Francisco de Asís.
-
Cultura e Educación convida a Talabarte, Samuel Diz e Sinestesia para poñerlle música ao Atardecer no Gaiás. O proxecto folk de Quim Fariña, Pedro Pascual e Kin García será o encargado de arrancar o xoves 10 de xullo na praza central da Cidade da Cultura. Samuel Diz homenaxea a Juan José Mantecón co seu Atardecer para guitarra e o sábado 12 é a quenda do rock de Sinestesia.
-
Os Vilares, lareira de soños, xa ten decidido a quen se dedica no seu primeiro ano o premio-distinción de TRAPEIRO DE HONRA: Xosé María Díaz Castro, o veciño máis ilustre da parroquia.
-
O escritor Luis Antonio Pérez e a ilustradora Patricia Román reciben o XI Premio Pura e Dora VázquezNo acto, celebrado na Deputación de Ourense, Manuel Baltar cualificou a Pura e Dora Vázquez como “un símbolo de Ourense e da nosa Ourensanía, pois foron pioneiras en escribir en galego para os máis cativos e en darnos multitude de exemplos da súa calidade literaria”.
-
Turismo de Galicia apoia a LII edición da Festa do Pulpo do Carballiño que conta coa declaración de Interese Turístico Nacional e que se celebra o segundo domingo de agosto. Considérase reclamo turístico e elemento transversal para a creación de novos produtos e experiencias para os viaxeiros.
-
Mario Outeiro, pola Deputación Provincial, e Xulio Xiz, polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, asinaron un convenio de colaboración que permitirá a organización da XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.
-
As emisoras municipais de radio de Boiro, Melide, Ames, Negreira, Arzúa, Cerceda, A Estrada, Redondela, Valga, Arousa, Tui, Foz e Burela difunden, a través dunha charla cun membros do equipo de dinamización da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a información máis interesante para a mocidade.
-
Dúas comarcas -Verín e O Carballiño- e 25 concellos da provincia tiveron no último ano crecemento neto dos seus mercados de traballo. Por primeira vez desde o inicio da crise, o paro baixa nas doce comarcas ourensás, e no ámbito municipal as reducións esténdense a 64 dos 92 municipios.