Notas
-
A Consellería de Traballo e Benestar vén de incrementar nun 18 por cento as axudas que destina ás corporacións locais para apoiar os programas de inclusión social que realizan tanto coa poboación xitana e inmigrante, como con outras persoas en risco de exclusión beneficiarias da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA). Deste xeito, o departamento autonómico destinará a este fin preto de 1,6 millóns de euros.
-
En el proyecto EMCHAHE, liderado por la Universidad de Santiago de Compostela (USC) con la colaboración del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) a través de la Unidad Asociada entre el Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente y Paisaje del Instituto de Investigaciones Tecnológicas de la USC y el Instituto de Ciencias del Patrimonio del CSIC.
-
O presidente da Xunta agradece ao ministro de Xustiza, Ruíz Gallardón, que o Executivo central entenda e acepte a necesidade obxectiva de que a Comunidade teña un tribunal de instancia en cada capital de provincia e, ademais, un en Vigo, un en Santiago e un en Ferrol, mantendo todos os partidos xudiciais e os xulgados.
-
Cunha traxectoria de máis de 80 anos, o museo achégalle á cidadanía nesta obra o valor dunhas coleccións únicas sobre a singularidade dun patrimonio marítimo, industrial e cultural que ten a súa orixe na colección formada durante anos pola familia Massó. Un legado familiar que medrou como museo dentro dunha fábrica de conservas.
-
A presentación do evento, que se celebra en Verín do 8 ao 10 de agosto, tivo lugar no Centro Cultural da Deputación onde se posicionou como “o gran escaparate dos viños desta denominación de orixe” que “potencia a calidade e incrementa a promoción destes caldos".
-
Gas Natural Fenosa convoca este certamen bienal de arte desde el año 1989 con el propósito de promocionar y dar visibilidad a los nuevos valores artísticos. La exposición, que recoge 50 obras seleccionadas por el jurado del certamen, se puede visitar hasta el 26 de octubre en el MAC.
-
A edición de 2014 do Festival das Revenidas de Vilaxoán conmemora entre o 22 e o 24 de agosto o vixésimo aniversario do "rock bravú" e presenta máis de 20 concertos a cargo de 35 formacións galegas. Integran a carteleira grupos como Diplomáticos de Monte Alto, Heredeiros da Crus, Rastreros, Ulträqäns, Sés, Nao, Dakidarría ou Terbutalina.
-
O turismo internacional rexistra en Galicia un novo máximo histórico cunha suba do 6,4% en xuño e do 6% no primeiro semestre. Xuño rexistrou tamén subas no turismo nacional do 8,5%. No acumulado do ano, o turismo nacional aloxado nos establecementos hoteleiros galegos subiu tamén un 3,7%.
-
Manuel Baltar afirma que este evento deportivo “será un magnífico escaparate para difundir a riqueza do noso termalismo e a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade”.
-
A nova estratexia de inclusión presentouse como un “diagnóstico certeiro e en profundidade”, e basearase no estudo da pobreza infantil para deseñar medidas específicas para este colectivo. O risco de pobreza concéntrase nas áreas urbanas, mentres que o rural afronta unha conxuntura máis positiva de cara á cobertura das necesidades básicas esenciais.