Notas
-
A directora de Turismo de Galicia e o reitor da Universidade de Santiago presentaron as xornadas de divulgación científica “A conservación do medio natural, tarefa común”. O ciclo da comezo o 24 de setembro e desenvolveranse ao longo de 20 días en vinte concellos doutras tantas comarcas de Galicia.
-
A cámara de representantes e mais o senado de Uruguai homenaxean o centro galego de Montevideo, o máis antigo do mundo en funcionamento. Tamén a Administración Nacional de Correos da república, cun cuño conmemorativo, e mais a Xunta Departamental da capital, cunha sesión monográfica, renden recoñecemento ao 135 aniversario desta comunidade.
-
Coa campaña “Letras sempre: De Díaz Castro a Manuel María”, quere compartir a súa vivencia deste ano con todo o país, porque considera que en todas as comarcas, hai escritoras e escritores que cómpre ler e coñecer, ó pé da casa en toda Galicia... Coma a Díaz Castro, considéraos verdadeiros monumentos literarios, coma os castros, igrexas con valor artístico, as paisaxes, etc...
-
Daniel Minimalia presenta o 12 de setembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura "Olas del Sur", single de adianto do seu segundo traballo, no que colabora Rosa Cedrón. O videoclip, dirixido por Carlos Seijo, foi rodado nos interiores do complexo cultural da capital galega e supón o adianto do disco "Arenas de luna", que sae á venda en outubro.
-
Máis de 2.300 alumnos de 5º de primaria de 84 centros educativos inician o curso con libros dixitais grazas á iniciativa e-Dixgal da Xunta de Galicia. Preto de 600 profesores impartirán as clases elaborando a súa propia “mochila dixital” a través dun entorno virtual de aprendizaxe.
-
A actividade de fomento do galego que triúnfa entre os máis novos retoma tras as vacacións a súa xira pola Rede de Dinamización Lingüística para facer as delicias dos nenos e nenas de Ribadavia, Burela e Ponteareas. Tamén no marco do FalaRedes 2014, o concerto de fados Os sons do vento que pasa chega a Baiona.
-
O pintor vigués enche de realismo informalista o espazo expositivo ourensán do entro Cultural “Marcos Valcárcel” con paisaxes baseados nas emocións.
-
A Xunta destina máis de 126.000 euros á restauración da torre do campanario do Mosteiro de San Martiño Pinario, un ben de gran significado para Santiago de Compostela, tanto polo seu valor cultural como polo seu tamaño xa que é un dos edificios relixiosos máis grandes do Estado.
-
A obra de Carlos Casares abrirá a temporada 2014-2015 do Centro Dramático Galego coa estrea no Teatro Principal de Ourense o 3 de outubro. O elenco dirixido por José Caldas está integrado por Alba Taín, Alberte Cabarcos, Davide González Lorenzo, Ailén Kendelman, Fran Lareu e Laura Villaverde.
-
A exposición conta coa participación de 35 artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel. É unha homenaxe á cultura do noso tempo e xira arredor da idea do Camiño de Santiago percorrido por San Francisco de Asís hai 800 anos e do concepto de camiñar.