Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O grupo Vertixe Sonora conta co Distractfold Ensemble como formación convidada para o concerto de clausura, o día 14 de novembro, ás 20 horas, no Museo de Pontevedra. A música en diálogo coa ciencia, a arte e o pensamento contemporáneos centra esta iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Cultura na que tamén participa o profesor e ensaísta Enrique Gavilán.
  • Acudiron á cita con Turismo de Galicia na Embaixada de España en Montevideo unha trintena de axentes turísticos uruguaios que puideron achegarse de preto á oferta galega nunha presentación realizada por persoal da Dirección de Promoción de Turismo de Galicia que considera este país como no marco dos mercados emerxentes no mundo.
  • O presidente da Xunta asistiu á entrega do Premio Ourensanía 2014 á xornalista Victoria Prego da que destacou que “foi un dos nomes do xornalismo español que nos narraron o milagre da Transición” e que “nos fixo testemuñas de como se forxaron os cimentos que levantan a España de hoxe”. Un país, di, que “fixo do consenso, o pacto, a democracia e a liberdade a súa razón de ser”.
  • Esta exposición belenística inaugurada polo xerente do Xacobeo pódese ver na Capela de San Xoán da Catedral de Ourense ata o 7 de decembro. Forma parte dun ciclo de mostras temporais de beléns que percorren lugares seleccionados do camiño que realizou o santo, no marco da sensibilidade xacobea e franciscana.
  • O 27 de febreiro de 2015 conclúe o prazo para presentarse aos premios escolares da campaña Separemos ben, reciclaremos mellor, aberta aos centros galegos de Primaria e Secundaria que, ademáis de participar elaborando pezas a partir de refugallo, serán os encargados de elexir a obra que os represente.
  • O seu Presidente, Manuel Carrete, entrega o título de honra a título póstumo ao escritor Manuel Rodríguez López.O venres, día 7 de novembro, ás oito do serán, na Galería Sargadelos de Lugo, o presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete, vai facer entrega do título de Socio de Honra do Centro, a título póstumo, ao escritor Manuel Rodríguez López. A distinción será recibida pola súa viúva Irene López, e polo seu fillo Enrique Rodríguez.
  • O 19º Festival de Cine de Ourense inaugúrase coa preestrea de A Esmorga, de Ignacio Vilar, sumándose á conmemoración do 25 anos das tres primeiras longametraxes producidas en Galicia: Sempre Xonxa, Urxa e Continental. Inclúe o Festival OUFF en distintas pantallas con 10 títulos en competición oficial e un apartado adicado ao audiovisual galego.
  • A retrospectiva arranca con "Primavera en la calle Zarechnoy" e inclúe outros catro títulos deste cineasta de orixe xeorxiana e un dos máis destacados representantes do cinema soviético post-Stalin. O CGAI pecha o ano cun ciclo especial conmemorativo do 25º aniversario da estrea das primeiras longas galegas en 35 mm.
  • A Deputación de Ourense colabora con esta iniciativa que, en opinión do presidente provincial, “dignifica e dálle valor de seu ao noso, creando a cultura da cooperación cun referente literario como é o Liceo de Ourense”.
  • O Museo da Madeira e do Moble-NOME de A Estrada acolle durante tres xornadas o encontro "Castelao, nova interpretación", promovido pola UIMP e a Fundación Castelao en colaboración coa Xunta. As sesións estudan o pensamento de Castelao e a súa aplicación á nova realidade galega, constatando a súa vixencia.