Notas
-
Obradoiros, visitas guiadas, sorteos de libros e contacontos centran a partir de mañá venres as propostas da Biblioteca de Galicia e das bibliotecas centrais territoriais da Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. Cultura e Educación convida a celebrar o Día do Usuario/a das bibliotecas con diversas propostas.
-
Cultura e Educación inviste 37.000 euros na restauración do retablo de San Ildefonso da Capela do Bispo de Quito, na Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia, co obxectivo de poñer en valor unha das pezas máis relevantes deste templo, que ten a consideración de Ben de Interese Cultural, e polo que pasa o Camiño Portugués.
-
A Torre Berenguela foi escenario desta actividade de divulgación da ciencia e da innovación que combina o concepto clásico de xogo de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato. A edición especial de Nadal seguirá en primavera de xira por Galicia retando os galegos e galegas a poñer a proba os seus coñecementos científicos, sacando a ciencia e a innovación dos laboratorios.
-
A exposición Nimbos de luz remata no concello ourensán de Celanova o percorrido que a levou durante este ano a case unha vintena de localidades galegas para difundir a figura, a vida e a obra de Xosé María Díaz Castro. Logo da itinerancia, a mostra exhibirase de xeito permanente na Casa Habanera de Guitiriz, concello natal do poeta e tradutor.
-
O conselleiro de Economía e Industria visitou en Cambre as instalacións da empresa artesá, que foi recoñecida este ano co Premio Nacional de Artesanía e a Medalla Castelao, logo de 75 anos de tradición e no que traballa xa a terceira xeración de artesáns formando parte do patrimonio galego e do que significa en Galicia a artesanía.
-
A Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias Rodríguez, está a felicitar estas festas cunha imaxe do Belén Electrónico de Begonte.
-
A institución provincial vén de aprobar en Xunta de Goberno un convenio de colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) por importe de 60.000 euros e súmase aos asinados coa Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo (AELU) ou coa Asociación de Autónomos de Galicia (AUGA).
-
O Orfeón Lucense ofrece un concerto de panxoliñas na Catedral de Lugo dentro do ciclo plurianual "Vía Pulchritudinis" (Camiño da fermosura).
-
O plan de 2014 executouse na súa totalidade co financiamento de 85 proxectos de cooperación para o desenvolvemento, e agora apróbase o Plan Anual 2015 co mesmo orzamento do ano anterior: 4.1 millóns de euros. Apóstase pola utilización principal das convocatorias publicas de concorrencia competitiva. Este Plan Anual enmárcase no III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017 da Xunta.
-
Máis de 30.000 persoas asistiron aos eventos organizados este ano entre festivais, romarías, cursos, obradoiros, exposicións e congresos, que converten a este centro da Deputación de Ourense nun dos principais de Galicia no estudo, preservación e promoción da nosa etnografía.