Notas
-
A Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Amigos da Ópera da Coruña forman unha Comisión Mixta para o correcto funcionamento do convenio asinado por importe de 320.000 euros.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, analizaron cos alcaldes dos concellos polos que discorre o Camiño Inglés as liñas de traballo da Consellería para a súa posta en valor no referido á recuperación e conservación da ruta, á súa sinalización e á rehabilitación e ampliación da rede de albergues.
-
A Unidade de Conductas Adictivas dependente da Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, atende na actualidade a 753 persoas nas súas instalacións, sitas no Complexo Hospitalario de Ourense.
-
Desde a A.VV. FERROL VELLO queremos denunciar públicamente o pouco respecto e a crecente irresponsabilidade que a Concellería de Festas, xunto coa Concellería de Patrimonio (ao dictaminar un informe favorable), están demostrando á hora de ceder durante 10 días, un espazo PÚBLICO recientemente urbanizado á vez que humanizado como a “A ALAMEDA DO CARBÓN “a un empresario de hostelería.
-
Con gran éxito celebrouse este domingo a I Festa House “Tuyytú” na praza de San Fernando, en pleno corazón do casco histórico tudense. Estivo organizada por dez locais do conxunto histórico co apoio do Concello de Tui.
-
Mentres a planta ambiental funciona correctamente, as carencias ambientais céntranse no vertedoiro, que presenta importantes deficiencias no tratamento de lixiviados, selado, estabilidade e almacenamento de lixo, entre outros problemas.
-
Os populares reuniranse para festexar os éxitos electorais colleitados en autonómicas e europeas, pero tamén para reactivar o partido de cara ao novo ciclo político 2009-2010.
-
As axudas oscilan entre os 2.400 e os 3.600 euros e poden solicitarse ata o 31 de agosto na Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Poden optar homes traballadores por conta allea e familias monoparentais con reducción de xornada.
-
Presentouse o programa das Festas de San Lourenzo de Foz que se celebran entre o 7 e o 16 de agosto cun orzamento de 90.000 euros. As festas axudan á potenciación da Mariña.
-
O certame de Novos Valores da edición deste ano conta con 11 fotografías, 8 pinturas, 7 esculturas, 7 vídeos, 4 debuxos e dous gravados que se poden ver ata o 13 de setembro no Museo de Pontevedra. A mostra ten como obxectivo a promoción dos novos creadores galegos.