Notas
-
A conselleira de Facenda denuncia que as previsións “irreais e electorialistas” do Goberno obrigan a Galicia a reintegrar 500 millóns cada ano durante catro exercicios, o que supón un lastre para Galicia no peor momento, atrasando a súa saída da crise actual.
-
Este Plan ten entre os seus obxectivos garantir o acceso dos galegos a banda larga cunha calidade de servizo e custe axeitados, aproveitar as posibilidades das novas tecnoloxías como xeradoras de competitividade, e impulsar a modernización da Administración.
-
A Asociación Cultural Eira Vella organiza unha exposición de Sabela Arias, artista lucense afincada en Betanzos, baixo o título De diario que abrangue diversas obras de pintura e escultura con material reciclado.
-
O programa, deseñado por Turgalicia en colaboración con Agatur e Fegatur, comeza o 15 de setembro e pode disfrutarse en máis de cen casas de Turismo Rural de toda Galicia. O obxectivo é pór en valor a oferta gastronómica deste tipo de establecementos e contribuír á desestacionalización turística.
-
Cultura e Turismo inicia a primeira parte do Plan Corrector dos Camiños que afecta aos Camiños Francés, Portugués e Fisterra-Muxía con tarefas de roza e limpeza, sinalización, obras de mantemento e servizos nos albergues.
-
A mostra Editar en galego baixo a censura franquista ilustra as prácticas represoras da censura sobre a actividade editorial. A exposición, organizada pola Fundación Penzol, permanece aberta ata o 30 de setembro e amosa a tortura intelectual que exerceu o réxime franquista.
-
Ficción Producciones e TVG presentan a rodaxe da miniserie Mar Libre Escenarios naturais de toda Galicia e un elenco encabezado por William Miller, José Ángel Egido, Luis Zahera e María Vázquez, xunto cun reparto de luxo garanten o éxito desta ficción ambientada nas costas galegas do século XVIII.
-
Ryszard Schnepf, embaixador de Polonia, transmitiulle ao mandatario autonómico galego a intención da rexión polaca de Opole de relanzar a cooperación con Galicia con motivo do décimo aniversario do Acordo de colaboración entre ambos.
-
O director xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia avanzou na súa visita á localidade de Cabana de Bergantiños as principais actuacións previstas neste concello dentro do Proxecto Sectorial do Parque do Megalitismo da Costa da Morte.
-
Os productos inseguros máis detectados neste laboratorio pioneiro da Coruña son os relacionados coa vestimenta dos adultos e os xoguetes. As irritacións cutáneas son os principais riscos detectados, seguido do choque eléctrico, queimaduras e o perigo de asfixia, entre outros.