Notas
-
O director xeral do Patrimonio Cultural avanzou en Vimianzo as liñas estratéxicas do Parque Arqueolóxico do Megalítico da Costa da Morte co seu plan de actuación no que se contemplan 14 áreas de acción distribuídas entre 8 concellos da zona.
-
Para o voceiro de Cultura do PPdeG Ignacio López-Chaves os pazos constitúen unha das mostras mais importantes da arquitectura civil en Galicia e como bens de gran valor histórico, artístico, social deben recibir unha protección especial.
-
A cidade de Vigo obtén así a primeira Bandeira Azul para un porto deportivo da súa Ría. A pesar da dificultade que supón a súa situación en plena zona industrial, o porto de Vigo conseguiu reunir as condicións esixidas.
-
Inditex e Medio Rural amplían a súa cooperación na procura de sementes de alta calidade, dentro da mellora xenética forestal. Según o acordo entre a empresa textil e a Xunta, a colaboración abarcará novas especies coma a cerdeira ou o freixo, xunto coas actuais.
-
Para a deputada popular María Seoane é necesaria a promoción do movemento voluntario cultural galego que serva de vía de participación social e cultural e que colabore na conservación , promoción e difusión da nosa identidade cultural.
-
No encontro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago anunciouse a creación dun centro compilatorio do saber sobre o culto e a cultura xacobea. Os fondos depositaranse na Biblioteca da Cidade da Cultura.
-
Pablo Figueroa defende, nunhas xornadas organizadas pola EGAP, unha Administración nova, moderna e eficaz que saiba responder ós retos do S. XXI dando exemplo de austeridade en tempos de crise.
-
O Proxecto Toponimia de Galicia, posto en marcha no ano 2000 como un proceso complementario ao Nomenclátor de Galicia, aborda a recuperación do que se vén chamando microtoponimia (terras de cultivo, cursos de auga, outeiros ou montes).
-
O catedrático da Universidade Complutense de Madrid, Pérez-Agote, di que case a metade dos mozos españois decláranse ateos, indiferentes ou agnósticos e di que España está perdendo as súas raíces católicas.
-
O Concello de Palas de Rei acondiciona un local social no Edificio Multiusos como centro de rehabilitación e ximnasio. O local ocupará tres salas destinadas a diversas actividades e accións terapéuticas.