Notas
-
Dúas empresas interesanse por varias parcelas da futura ampliación do Polígono Industrial de Palas de Rei, concretamente pola reserva de 10.000 metros cuadrados nun caso e de 6.000 metros cadrados noutro caso, co cla prácticamente estaría cerrada a venda da segunda fase do Polígono Empresarial..
-
A Xunta destaca o seu compromiso co Plan director de banda larga, elemento primordial para impulsar unha estratexia global que sitúe a Galicia no núcleo da Sociedade da Información (SI).
-
O equipo de Goberno considera a construcción de Vivendas Protexidas como unha prioridade debido o importante número de persoas anotadas no rexistro de demandantes de Vivenda.
-
Novo Tango, blues, cabaré-burlesque e pop indie son as propostas para outubro do ciclo Novas Noites que convirte cada xoves a Capela do Torrente Ballester nun café-concerto alternativo. O programa arranca o xoves 1 de outubro.
-
Asinouse o convenio de cooperación cultural entre Xunta e o concello para a XXVI Mostra de Teatro de Cangas por importe de 30.000 euros para creación, promoción e colaboración cultural.
-
O presidente da Xunta insta a acadar a “esencial” integración e coordinación dos portos estatais e autonómicos para que Galicia poida ser unha potencia de primeiro nivel en economía do mar.
-
Recuperar o equilibrio financeiro é o principal obxectivo desta acción que promove a Xunta a través da Fegamp e pola que se favorecerán 199 concellos que teñen comprometida seriamente a súa solvencia e para axudalos nos seus gastos correntes.
-
Visto o exitoso resultado resultado rexitrado coa creación, por primeira vez, en Palas de Rei dos Obradoiros de Teatro para a temporada 2008-2009; o Concello de Palas de Rei decidiu seguir apostando pola formación teatral neste Concello.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo avanzou no Parlamento que xa se iniciaron os trámites para recuperar, a través do Xacobeo e mais de Turgalicia, a conexión Santiago-París en voo de baixo custo de cara ao Ano Santo galego de 2010.
-
A edil Beatriz Sestayo avanza que se facilitará información da Casa da Xuventude e se recollerán as propostas dos mozos. Os rapaces e rapazas que desexen agregarse deberán pedilo enviando un correo a casadaxuventudeferrol@hotmail.com.