Notas
-
O conselleiro Roberto Varela comprometeuse ante Auxilia-Lugo a buscar unha vía de acceso á Muralla romana para as persoas con mobilidade reducida, “con rigor e respecto ao Patrimonio da Humanidade”.
-
A maior parte dos incidentes estiveron relacionados coa caída de árbores, o tendido eléctrico e telefónico, corrementos de terra e desprazamentos de mobiliario urbano e sinais de tráfico. A Coruña foi unha das provincias máis afectadas, seguida de Pontevedra, Lugo e Ourense.
-
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura anunciou que desde a Biblioteca de Galicia se impulsará a conservación do patrimonio bibliográfico e proxectos de formación de técnicos e bibliotecarios.
-
Núñez Feijóo, presidente da Xunta, incidiu na necesidade de aproveitar esta crise para comezar unha nova etapa e converter a esta Comunidade Autónoma nunha Cidade Única, unha Galicia global. A conferencia abriu os ciclos Aula Aberta e Xoves Culturais da Fundación La Rosaleda.
-
Este VII Encontro, que se desenvolve en Santiago entre os días 11 e 13 de novembro, aspira a dar un paso máis no coñecemento do que foi a ditadura polo que abre as súas portas a todos aqueles investigadores que actualmente traballan sobre este período.
-
Debateuse no Parlamento de Galicia as emendas á totalidade contra o proxecto de Lei de Pesca de Galicia entendida como “un compromiso co sector que conta co seu respaldo e consenso”, según a Xunta.
-
A actividade consiste nunha exposición na que se presentan conceptos relacionados coa climatoloxía, atmósfera e radiación solar, así como a descrición de áreas climáticas e fenómenos globais. Enmárcase na Semana da Ciencia 2009 que se celebra do 9 ao 22 de novembro en Galicia.
-
A Deputación provincial de Ourense axudará económicamente ao axedrecista ourensán Iván Salgado, nun acordo mutuo de colaboración no que o xogador divulgará o nome e a imaxe da provincia de Ourense nos diferentes torneos.
-
A Consellería de Economía e Industria considera prioritario apoiar ao naval como sector estratéxico galego e aumentar nun 20% os seus investimentos no Fondo Patrimonial de Garantías de Pymar para que a industria poda atender a súa carteira de pedidos.
-
Do 9 ao 14 de novembro Lugo acolle o mellor jazz da esfera nacional, estatal e internacional con figuras de renome mundial como Kurt Elling ou Kenny Barron. O vicepresidente da Deputación ofreceu “o apoio da Área de Cultura ao festival de jazz máis lonxevo de Galicia”.