Notas
-
O estudio de Norman Foster desprázase a Ourense para presentar modelos de permeabilidade urbana para a estación do AVE. A visita ten lugar no marco das xornadas técnicas: Ourense, alta velocidade. Estación Central de Galicia.
-
No acto de lembranza do histórico galeguista, o voceiro do BNG Guillerme Vázquez cargou contra o decreto do galego da Xunta de Galicia asegurando que por primeira vez o Goberno galego lexisla contra o idioma do país.
-
Forty Guns, de 1957, é a película que abre o ciclo adicado ao cineasta estadounidense Samuel Fuller no CGAI que realiza unha retrospectiva completa do autor que continúa coa proxección de Verboten!.
-
Ademais de remarcar a espiritualidade, a reflexión persoal e a dificultade e o sacrificio que caracterizan ao Camiño, Feijóo subliña que, diante da crise económica que se está a vivir, o Camiño de Santiago sae “moi económico”.
-
Presentouse a publicación que inclúe textos do crítico José Francisco Fandiño e fotografías da obra de Patinha realizadas por Ovidio Aldegunde. A exposición recibiu preto de 1.500 visitas, ao igual que as mostras “Carmencita” e “Máximo Pracer”.
-
O vicepresidente da Deputación de Lugo agradeceu o “traballo abnegado do Instituto de Estudios Chairegos a prol da recuperación, revitalización e investigación do noso patrimonio cultural, sinal de identidade que nos identifica como pobo”.
-
Presenta a publicación conmemorativa Ferrol, a fotografía antiga (1858-1904) derivada a exposición A Fotografía Decimonónica. Considérase unha testemuña veraz da historia que se pon á venda o 31 de decembro.
-
O Vicepresidente da Deputación, Antón Bao, participou tamén neste certame literario que chega á súa XVIII edición e está organizado pola asociación cultural A Pipa de Becerreá.
-
A Xunta de Galicia comezará a aplicar no primeiro trimestre de 2010 a rebaixa das peaxes nas autoestradas galegas, con descontos aos usuarios que poderán chegar ata o 50%, en cumprimento do compromiso acadado polo Goberno galego.
-
Tecnópole aproba a instalación de nove novas empresas, unha das cales prevé a creación de 150 postos de traballo. As iniciativas empresariais que se incorporan pretenden combater o cambio climático.