Notas
-
Mr. Misto Films ha abierto, hasta el 30 de abril, el plazo para remitir cortos al VI OFestivalOn de Ribadeo, que tendrá lugar en verano y que está considerado como el festival más creativo del noroeste peninsular.
-
Na entrega de premios aos 16 nenos e nenas gañadores do Certame Provincial de Poesía sobre o Nadal tamén foi presentada a publicación que recolle os poemas seleccionados na pasada edición.
-
Cantos Somos levouse o segundo premio e Borralliño-Soutelo o terceiro, cunha representación do 125 aniversario da ponte internacional
-
Os Príncipes de Asturias presidiu en Roncesvalles a apertura oficial do Ano Santo Compostelán. Presidentes das Comunidades Autónomas polas que transcorre o Camiño a Compostela asistiron ao evento no que o presidente da Xunta reivindicou a Ruta Xacobea como a matriz de Europa.
-
Entrégase un lote de libros con obras de escritores como Méndez Ferrín ou Celso Emilio Ferreiro para que os visitantes das casas de turismo rural da asociación Limia Verde disfruten da literatura galega.
-
O proxecto Campus 2015 promovido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en Lugo suporá a ampliación das dotacións universitarias en 37.000 metros cadrados en 5 anos, e cun investimento de 20 millóns de euros. Campus de Lugo 2015 pretende consolidar a oferta docente existente e incrementar a investigación e o emprendemento.
-
Presentouse a Xuntanza do Automobilismo Lucense como xornada de inicio da temporada do motor. Servir de escaparate aos pilotos lucenses en competición é un dos principais obxectivos deste evento.
-
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle as últimas representacións da obra de Roberto Vidal Bolaño a cargo do Centro Dramático Galego. Máis de 2.000 espectadores viron xa As actas escuras protagonizada por catorce actores.
-
Na súa comparecencia parlamentaria, o responsable da Secretaría Xeral de Medios di que a prioridade do Goberno galego é achegar o sinal de televisión a cada un dos galegos. Cabaleiro destaca que este proceso de dixitalización senta as bases para facer un desenvolvemento da banda larga en todos os concellos de Galicia nos vindeiros anos.
-
A compañía aérea incluirá descontos aos visitantes que se acheguen a coñecer Galicia a través de fam-trips e demais viaxes de familiarización que teñan a comunidade autónoma como destino, especialmente no Ano Santo 2010.