Notas
-
A Consellería de Cultura e Turismo convoca por primeira vez 56 bolsas de formación especializada para a realización de prácticas nos municipios declarados de Interese Turísitico de Galicia, no marco do Ano Santo no que se prevé un incremento de visitantes.
-
O concello de Vilariño de Conso, gobernado polo Partido Popular, aprobou por unanimidade a moción impulsada polo BNG en que se demanda a retirada do decreto do galego no ensino non universitario.
-
Diante do monumento a Castelao, o conselleiro de Cultura da Xunta reivindicou a universalidade da cultura galega a través de proxectos como a catalogación da obra do escritor e galeguista recoñecido.
-
Músicas de todo o mundo daranse cita na Semana Santa de Compostela a través do V Festival de Músicas Contemplativas co que colabora o Xacobeo con motivo do Ano Santo e como aposta pola interculturalidade.
-
La Santa Sede ha hecho público el nombramiento de monseñor Luis Quinteiro Fiúza, en la actualidad obispo de Ourense, como nuevo obispo de la diócesis Tui-Vigo.
-
Cualifica este plan de “ambicioso” e asegura que suporá un paso máis para mellorar o funcionamento interno da Administración e a atención exterior. Lembra que, nos últimos nove meses, o Goberno puxo en marcha un Plan TIC de medidas urxentes e outro de banda larga cun investimento de 102 millóns de euros.
-
Os presidentes das Deputacións Provinciais de Lugo e de Ourense, Antón Bao e José Luis Baltar, reuníronse para estudar a posible creación do museo sobre o poeta Manuel María na súa casa natal.
-
O legado musical do gaiteiro ourensán José Posada, que viviu a maior parte da súa vida en Cuba, e do grupo que fundou en La Habana O Quinteto Monterrei, será conservado no Museo da Cornamusa da Deputación de Ourense.
-
O evento, patrocinado pola Deputación Provincial de Ourense, leva por lema este ano Escritura e Compromiso e celébrase os días 1, 2 e 3 de febreiro no Liceo.
-
O sábado, trinta de xaneiro, ás 17,00 H., no Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, clausúrase a XXXVIII tempada do Nadal begontino, coa entrega dos premios dos Certames convocados e o peche do belén electrónico. Inclúese un recital de panxoliñas pola Polifónica de Viveiro.