Notas
-
Uns 600 mozos procedentes das dioceses de Cataluña, Baleares e Andorra comezarán o 1 de Agosto a súa peregrinación a Santiago de Compostela na cidade de Tui, acompañados de varios dos seus bispos. O grupo realizará o tramo final do Camiño Portugués e xa teñen confirmado a súa estancia en Tui. Este non é o único grupo grande que xa ten confirmado o seu paso por Tui este Ano Santo 2010.
-
Francisco Jorquera anuncia que “nos termos actuais, o BNG non vai subscribir ningún acordo” e considera que o Pacto contra a Crise demostra o fracaso da estratexia de xeometría variable do Goberno central.
-
A iniciativa desenvolverase nas fins de semana dos meses de abril, maio e xuño e nela poderán participar todas aquelas persoas que teñan entre 18 e 35 anos. A delegada territorial da Xunta en Lugo presenta o programa Xuventur.
-
Previsel consolídase como punto de encontro profesional e celébrase por primeira vez de xeito independente.
-
13 artistas galegos fan un percorrido musical polas rutas xacobeas. O proxecto pódese adquirir tamén nunha edición de luxo que inclúe o disco e un libro de 90 páxinas con textos e ilustracións.
-
A primeira fase abrangue 22 concellos de Lugo, cinco da Ribeira Sacra ourensá e un de Pontevedra. No 2013 o 83,19% dos habitantes destas zona terán acceso á banda larga fronte ao 37,32% actual.
-
O ciclo da AGADIC diríxese á promoción de traballos discográficos galegos diante dun público especializado, aínda que tamén se abre ao resto de espectadores. O músico ourensán Emilio Rúa interpretará os temas de Interior, o seu terceiro disco.
-
Promovida polo Xacobeo, a mostra de acuarelas Os camiños de Santiago. Segundo Hevia na colección Caixa Galicia enmárcase nos actos previstos no Camiño Contemporáneo e exhíbese ata o 6 de xuño na sede náutica da entidade financeira galega.
-
Sweetgrass e Sanya e Pardal son recoñecidas ex aequo como as mellores longametraxes da edición 2010, mentres que Alberte Pagán álzase co galardón na sección de Documentais Galegos por Tanyradzwa.
-
La Junta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro presentó en Santiago de Compostela su programa oficial de actos, en el marco de una peregrinación enmarcada en la celebración del Xacobeo 2010 que incluyó una ofrenda al Apóstol en la Catedral compostelana.