Notas
-
A obra Buscando a Hillary está incluída no Programa para as Mulleres con motivo do 8 de marzo, que tamén ten unha parte de iteración co público que poderá expresar os seus sentimentos. Igualdade e a Fundación Caixa Galicia asinaron un convenio de colaboración para realizar accións de sensibilización.
-
Seis degustacións pechan o programa de promoción dos produtos galegos de calidade desenvolvido no Fórum polas Consellerías de Mar e Medio Rural. O público encheu as 25 catas que se ofreceron no stand da Xunta a base de delicatessen.
-
O Orzamento total das Obras nesta zona ascende a 52.829,73 €.
-
Turismo participa en Venecia no lanzamento do proxecto i-Speed que fomentará a competitividade e a sostenibilidade do sector fronte ao crecemento global a través das tecnoloxías da información. i-Speed pretende incrementar a conciencia dos políticos no potencial das ferramentas online.
-
A publicación musical do gaiteiro Marco Foxo recolle tradición, etnografía e músicas de Ourense, nunha viaxe pola evolución da música da terra desde o século XIII ata a actualidade.
-
Paco Pestana é feliz. Despois de trinta anos percorrendo o mundo, empapándose de experiencia e de bos e malos consellos, este singular artista chega ao Centro Cultural de Ourense cunha obra excéntrica, complexa e ao mesmo tempo chea das xenialidades que só un creador xeneroso coa creatividade pode ofrecer.
-
O voceiro do PPdeG indicou que Feijóo recortará as súas escasas horas de descanso e dedicará parte das súas fins de semana e as tardes-noite dalgúns venres a entrevistarse coa xente de cada unha das comarcas para coñecer as necesidades dos cidadáns.
-
Rubens, un dos pintores barrocos máis significativos da escola flamenca, creou un importante obradoiro formado cos mellores pintores da época seguindo a tradición iniciada no XV por artistas como Durero. A mostra inaugúrase o xoves 18.
-
Para celebrar a edición especial Xacobeo 2010, Xantar organizou un paquete especial de dous días que inclué a participación no salón e unha visita a Santiago de Compostela.
-
O ciclo Xacobeo Classics achega a Vigo o recital da mezzosoprano norteamericana Dolora Zajick que está acompañada por Francisco Casanova, o mellor tenor verdiano da súa xeración.