Notas
-
O Goberno galego conseguiu preservar os investimentos produtivos e non sacrificar o gasto social a pesar de atoparse cun desfase de 1.200 millóns de euros. A Xunta pechou o exercicio cun déficit do 1%.
-
A mostra, promovida por Gálix, vese un resumo do curso seguido pola creación galega ata a actualidade. A mostra itinerante arranca na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago o seu percorrido por Galicia.
-
Un dos obxectivos da nova macrorrexión Galicia-Castela León-Norte de Portugal é coordinar esforzos para negociar a atribución de fondos europeos en futuros marcos financeiros comunitarios. Emerxencias, automoción, educación, investigación e xuventude, eixos centrais.
-
O Comisario da Competencia, Joaquín Almunia, deixa en evidencia ao presidente español Rodríguez Zapatero ao asegurar que o Goberno central non fixo ningunha xestión ante Europa para negociar a supresión do veto a Navantia, como comprometera na presidencia.
-
A compañía aérea -a segunda máis grande de Alemaña e a terceira de baixo custe de Europa- que opera en todo o ámbito europeo realizará unha campaña de promoción turística de Galicia entre os pasaxeiros da compañía nos mercados de interese para captar visitantes.
-
Los Franciscanos de Galicia tienen nuevo Ministro Provincial. Ostentará el cargo durante los próximos seis años Fr. José Antonio Castiñeira Chouza, que resultó elegido por la Asamblea de Capitulares que representa a todos los Franciscanos que viven en Galicia y en sus Custodias de Venezuela y Tánger.
-
Familias, sindicatos, persoal da administración e empresarios rexeitaron a retirada do texto proposta no pleno realizado polo órgano consultivo. Con novos cambios aceptados pola Xunta de Galicia, o proxecto de decreto incluirá preto de 50 cambios respecto do borrador inicial.
-
O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o alcalde de Palas de Rei firman un convenio para mellorar o Camiño ao seu paso polo concello cun investimento de 536.555 euros.
-
A Deputación Provincial de Ourense é a única institución que apostou nos últimos anos pola recuperación do santuario de As Ermitas (O Bolo), segundo se recolle no libro El Santuario de Nuestra Señora la Milagrosa Virgen de las Ermitas.
-
A Xunta de Galicia asina co Ministerio de Cultura, a Fundación Pedro Barrié de la Maza, o Arcebispado de Santiago e o cabido da catedral o convenio para a restauración do Pórtico da Gloria no templo de Compostela. Existe o compromiso de retirar os andamios para a visita do Papa, o que se fará desde xullo.