Notas
-
A través do Proxecto Runas convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk. As tres mellores bandas protagonizarán a última xornada do certame celta, que se celebrará entre o 8 e máis o 11 de xullo, competindo en directo polo cartel do 2011.
-
Xacobeo 2010 promove en Santiago de Compostela ata o 25 de xullo a exhibición da mostra Beijing Time. A hora de China, na que 16 artistas ofrecen unha visión da nova creación asiática en disciplinas como o debuxo dixital, vídeo, fotografía, videoinstalación e cinema.
-
Unhas 70 nadadoras participan no XII Campeonato de España Xuvenil de Natación Sincronizada en FerrolO Polideportivo Municipal Javier Gómez Noya de Caranza acolle as probas do XII Campeonato de España Xuvenil de Natación Sincronizada entre o 28 e o 30 de maio no que participan preto de 70 nadadoras de 16 clubes.
-
Entre o 25 de maio e o 5 de xuño promóvese en Barcelona a campaña Camino de Santiago, camino de Galicia, ¿vienes?, na que xa participaron 16.000 persoas durante a súa estancia en Madrid, Valencia e Zaragoza onde procurou incentivar as viaxes turísticas a Galicia.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia presentou a modificación da Lei do Turismo como "unha reforma que proporcionará maior flexibilidade e axilidade ás realidades das empresas" e co obxectivo de fomentar o emprego neste sector considerado estratéxico.
-
As actividades conmemorativas do Corpus de Ponteareas inclúen unha composición especial da alfombra de frores na Praza do Obradoiro, previa á misa do Peregrino e no marco da colaboración co Xacobeo que promove o concerto da cantante Amaia Montero o 6 de xuño.
-
Ourense acolle a presentación do ciclo de concertos Interseccións. A olla da de Novoneyra que achegan a voz do poeta para sembar a súa memoria neste ano en que as Letras Galegas homenaxearon a este autor. O ciclo percorrerá as sete cidades galegas.
-
A montaxe teatral, que se representará en Pontevedra e Ferrol, supón unha homenaxe da actriz Blanca Marsillach ao seu pai falecido, o dramaturgo Adolfo Marsillach do que se adapta a obra estreada en 1997.
-
O espectáculo musical Dúas Beiras achega a algúns dos persoeiros máis destacados da historia da emigración galega en Arxentina. O Salón Teatro de Compostela acolle esta representación na que conflúen música, danza e audiovisual.
-
A mostra, que se enmarca no Camiño Contemporáneo e recolle a súa colección de arte contemporánea, estará no Auditorio municipal do concello coruñés ata finais de agosto, desde onde viaxará a Caldas de Reis, Vilagarcía, Baiona e Tui.