Notas
-
O Presidente da Deputación e o Alcalde de Lugo presentan as dúas iniciativas que estarán asentadas na Praza do Seminario. Gómez Besteiro recibe da asociación Cohors III Lucensium as moedas oficiais ARDE LUCUS MMX, que estrean nesta edición da festa.
-
A Xunta de Galicia, a Fundación Albéniz e Atos Origin firmaron o acordo polo que o Mestre Péter Csaba dirixirá obras de Haydn, Wagner e Strauss interpretadas no ciclo Xacobeo Classics promovido por Cultura.
-
A programación de Circo Europa-I Encontro Jeunes Talents Cirque Europe presenta no Salón Teatro de Santiago de Compostela o espectáculo Mi otro yo, da formación hispano-belga Doble Mandoble que crea unha nova maneira de abordar a maxia, fusionándoa coa manipulación de obxectos.
-
Representantes de 10 asociacións profesionais de redeiras e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao debaten os seus problemas nunha xornada de traballo.
-
Máis de 5.000 persoas mercaron a súa entrada para o concerto que Mark Knopfler dará o 28 de xullo en Santiago dentro do Xacobeo 2010. As localidade están á disposición do público en Caixa Galicia, El Corte Inglés e Ticketmaster.
-
A agrupación Merce Cunningham Dance Company, considerada unha das mellores compañías de danza do mundo, actúa desde o venres 25 e ata o martes 29 en Vigo, Santiago e A Coruña onde presenta os espectáculos Nearly 902, Duets, Second Hand e MinEvent.
-
A mostra audiovisual, enmarcada no Camiño Contemporáneo da programación de Xacobeo 2010, inclúe un vídeo no que peregrinos procedentes de distintos lugares do mundo relatan as súas experiencias, e recolle fotos sobre os diferentes Camiños de Santiago e a cidade de Compostela.
-
O cartel da noite solidaria do 24 de xuño a través do Help Concerto Xacobeo 2010 reúne en Compostela a Morcheeba e Juliette Lewis nun evento que ten como obxectivo afondar na concienciación sobre o cambio climático no mundo.
-
Feijóo reitera o seu compromiso por manter os 2.000 postos de traballo de Alcoa, que sitúa como “unha industria clave para Galicia e para España” e “unha das mellores factorías de alúmina-aluminio do mundo” que xera o 30% do PIB de Lugo.
-
La Cruz de la Jornada Mundial de la Juventud 2011 recorrerá las diócesis gallegas entre el 10 y el 8 de agosto.