Notas
-
O Concello de Palas de Rei última os preparativos da celebración da Festa da Terceira Idade.
-
O espectáculo pirotécnico da noite do 24 de xullo contará como novidade con réplicas entre o 25 e 30 de xullo e cos fogos do 31, convertindo a Compostela no punto de unión de tradición e vangarda na difusión do Xacobeo.
-
Trátase da festa vinícola máis antiga de Galicia, declarada de Interese Turístico Nacional no ano 1998. Saliéntase a capacidade do enoturismo para incrementar os fluxos turísticos, desestacionalizar a demanda, desenvolver a economía local e rexional, crear unha imaxe de destino de calidade e impulsar a produción deste viño galego.
-
A música para clarinete soará na igrexa de San Tirso o venres 23 de xullo.
-
O Museo das Peregrinacións acolle a exposición Os camiños de Santiago no Camiño de Santiago que recolle as imaxes de Gabriel Díaz tomadas ao longo de 5.000 quilómetros das principais Rutas Xacobeas a través das experiencias dos numerosos peregrinos.
-
Xunto co canon, o organismo provincial realizou investimentos neste municipio por valor de case 1 millón de euros. Gómez Besteiro anuncia que a Deputación acometerá ampliación da estrada municipal que vai ó Mosteiro dentro da colaboración que o Parque Móbil presta ós Concellos da provincia.
-
O novo Observatorio de Turismo, que recompila datos do sector dende o ano 1999, cubre todas as parcelas de información turística, tanto dende o punto de vista da oferta como da demanda e constitúe a plataforma de referencia na obtención e elaboración de coñecemento de Galicia.
-
A iniciativa inclúese dentro do programa europeo “Pacto Provincial polo Emprego” dotado con 3,4 millóns de euros, e que desenvolve o INLUDES. Impartiranse 45 accións formativas de 15.000 horas de docencia e máis de 60.000 horas de prácticas profesionais en empresas relacionadas co eido sociosanitario.
-
As cifras supoñen un claro éxito do concurso eólico, posto que case multiplican por 7 a oferta de MW recollida na orde eólica, e porque se recollen nun contexto marcado pola indefinición do modelo retributivo por parte do Goberno central. As 81 solicitudes suman unha potencia de case 15.000 MW.
-
Calificado como “unha cita moi arraigada, unha tradición importante con proxección en toda Galicia” polo xefe territorial de Cultura e Turismo en Lugo, o Festival de Pardiñas celébrase en Guitiriz os días 7 e 8 de agosto co apoio do Xacobeo.