Notas
-
Durante a elección do novo presidente do Consello Galego de Cámaras, o conselleiro de Economía e Industria dixo que estas organizacións empresariais “son aliadas necesarias para a recuperación económica de Galicia”.
-
Baixo o lema Tempo de compromiso con Galiza, o BNG presenta as candidaturas das sete cidades de cara ás eleccións municipais de 2011. “Son listas que combinan experiencia na xestión con grandes doses de renovación xeracional”, afirmou o portavoz nacional.
-
Logo de estar presente na XVI Feira da Canteira, Callos e Artesanía de Parga e no Arde Lucus trasladarase a Foz, coincidindo coas Festas do Carmen.
-
Arranca unha campaña divulgativa orientada a informar e sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da doazón nestas datas. As dez unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia percorrerán máis de 240 concellos entre xuño e setembro coa campaña Verán 2010.
-
A cantante galega Uxía Senlle ofrece o mércores 14 de xullo un concerto en Lugo dentro da cuarta edición do ciclo Entre Lusco e Fusco, organizado ao amparo do convenio Lugo Cultural, e baixo o título Vintecinco anos con Uxía. O vigués Iván Ferreiro presenta o 21 de xullo Picnic Extraterrestre.
-
A Deputación, 1ª administración galega cun Plan Económico Financieiro, acada a estabilidade financieira un ano antes da vixencia do plan. Besteiro e Bao destacan a relación sólida do equipo de goberno “é curioso porque dende a oposición sempre intentaron ir por este lado, pero deron en pedra e en ferro”.
-
A través do programa Creativa, a Agadic aposta pola participación de artistas e de proxectos lusos na Mostra de Teatro de Ribadavia. Inclúe a exhibición dos traballos dos colectivos Pia e Circolando, e un encontro con Joao Pedro Vaz.
-
Seis escenarios de Santiago acollen do 18 ao 21 de outubro a exhibición de 18 espectáculos galegos e tres de fóra de Galicia ante axentes culturais de toda a Península. Desenvolverase un programa paralelo con showcases de danza.
-
O Teatro Principal acolle o venres 9 de xullo a presentación da Escola de Circo da Estrada, tres relatorios e a proxección do documental Mashi: trasi que trasi! Peter Punk, Pedro Correia, Circolando e Duelirium, entre os participantes deste evento.
-
O Goberno galego habilitará un centro de prensa internacional, elaborará un plan de emerxencias e a TVG subministrará a todo o mundo as imaxes da visita do Papa Benedicto XVI. Unha oficina coordinará as actuacións coa Santa Sede e o Arcebispado.