Notas
-
O director xeral do Patrimonio Cultural visita a Capela dos Remedios para avaliar o alcance do incendio e os danos no monumento. José Manuel Rey Pichel asegurou que os técnicos da Consellería de Cultura e Turismo están a realizar un informe das obras necesarias para a restauración desta capela do século XVI en Ourense.
-
O Presidente tamén lle ofrecera a Núñez Feijóo o documento que detecta as fortalezas e oportunidades que transformarán a provincia nun territorio coa máxima proxección de futuro.
-
O artista escocés Mark Knopfler ofrece no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela un dos principais concertos do Xacobeo 2010 no que presenta o Get Lucky Tour.
-
A mostra titulada Xeografías contemporáneas. Obras da colección do CGAC, inclúe pezas de artistas galegos como Virxilio Viéitez, Francisco Leiro, Jorge Barbi ou Manolo Paz.
-
O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, participou no acto de presentación nesta obra que recolle 27 estudos de xoias da arte paleocristiá únicas en Galiza e mesmo no estado.
-
É a primeira que entra en funcionamento das tres previstas polo organismo provincial para poñer en valor as Reservas da Biosfera e O Courel.
-
Gómez Besteiro e o Alcalde asinan o convenio para a recuperación da Ponte do Pasatempo, na que o organismo provincial investirá máis de 50.000 euros. Estas actuacións súmanse a outros investimentos que a Deputación está a realizar en Mondoñedo e que superan os 1,5 millóns de euros.
-
O presidente da Xunta manifesta a súa satisfacción pola grande afluencia de peregrinos e agarda que o Xacobeo siga sendo un éxito nos vindeiros meses. Núñez Fijóo recibiu aos participantes na expedición Ruta Quetzal que dirixe o reporteiro Miguel de la Quadra-Salcedo.
-
O Centro Coreográfico Galego inicia en Santiago o ciclo Camiños en Danza, co que leva accións escénicas sobre Etheria, a viaxe soñada, a emprazamentos exteriores de 17 concellos galegos dos camiños a Compostela baixo o patrocinio da Agadic e do Xacobeo 2010. Doce bailaríns e bailarinas, oito músicos en directo e a vocalista Rosa Cedrón poñen en escena a recreación da viaxe da que puido ser a primeira peregrina galega.
-
A través desta iniciativa, da que se beneficiaron 1.200 empresarios, a de Lugo converteuse na 1ª Deputación de España en subvencionar os gastos correntes deste colectivo. Segundo a diagnose elaborada dentro do programa europeo Pacto Provincial polo Emprego, os autónomos representan o 65% da base empresarial da provincia.