Notas
-
No acto, o escritor Xosé Neira Vilas leu o pregón e a Federación de Libreiros Galegos rendeu unha homenaxe ao fundador do evento, Jesús Fernández López, coñecido como Suso do Bahía.
-
A semana animada de Xacobeo 2010 acolle na Coruña a proxección gratuíta de oito películas de animación de Filmax entre o 23 e o 26 de agosto. As entradas para ver, entre outras, Donkey Xote; Pérez, o ratiño dos teus soños ou Nocturna, poden recollerse de balde nos Cines Filmax A Coruña 3D.
-
O organismo provincial asume as obras desta vía cortada dende xaneiro á espera de que o Goberno galego, entidade responsable, se fixera cargo destes traballos.
-
A exposición organizada para conmemorar o 125º aniversario de Rosalía de Castro percorrerá dez municipios de Galicia, entre os que están Boiro, A Coruña, As Pontes, Carballo ou Padrón, logo de permanecer en Arteixo ata o 27 de agosto.
-
O concerto gratuito do grupo británico Placebo terá lugar o venres 8 de outubro na Praza Horta do Seminario no marco das Festas de San Froilán de Lugo e baixo o patrocinio do Xacobeo 2010.
-
Enmarcado dentro do Camiño da Espiritualidade e organizado polo Consorcio de Santiago, o programa de música culta celebra este novo ciclo ata o 22 de agosto con concertos gratuítos en catro igrexas compostelás e na Catedral.
-
Con esta actuación de fomento do aforro e da eficiencia, maioritariamente no sector doméstico, xerarase un investimento asociado de ao redor de 12,4 millóns de euros. A Xunta rexistrou xa preto de 20.000 solicitudes.
-
O Plan persegue converter o golf nun recurso que potencie a chegada de novos turistas a Galicia. Xurdiu a raíz do Plan do Turismo de Galicia 2010-2013, a folla de ruta pola que se rexe a política galega actual e que insta ao impulso deste deporte dende un punto de vista turístico.
-
O director xeral de Cultura inaugura a exposición Novos valores 2010 como mostra da “calidade creativa, das propostas innovadoras e os nomes que expresan a súa forza”. A exposición aposta "pola renovación sobre o respecto conseguido, pola nova creación e os novos valores".
-
A EIS oferta 44 prazas para poder cursar o vindeiro ano os ciclos superiores en Realización e Produción de Audiovisuais, dotados con 2.000 horas lectivas. No primeiro módulo cubríronse todas as prazas e, no segundo, o 63%, polo que agora ábrese o prazo de matrícula libre ata cubrir as 8 que faltan no de Produción.