Notas
-
O presidente da Deputación Provincial de Lugo participa nos festexos que, dende hai 15 anos, organizan no distrito barcelonés de Nou Barris empresarios lucenses afincados na Cidade Condal.
-
O conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez inaugurou a XX edición da Festa da Faba de Lourenzá, recoñecida como festa de interese turístico galego. O pregón desta edición correu a cargo do investigador Miguel Ángel Fueyo.
-
O conselleiro de Economía e Industria anuncia que a Xunta xa estuda a defensa por vía xudicial dos intereses galegos contra os efectos do real decreto do carbón e pide ao Goberno que escoite a Galicia e busque unha solución equilibrada.
-
Lara Méndez participa na inauguración do Máster en Industria e Economía Leiteira, un curso sobre os últimos estudos en prol da mellora da calidade deste produto.
-
O Museo Provincial de Lugo acolle a mostra sobre o actor Enrique Muíño promovida polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá. É unha das tres exposicións que se mostrarán ao longo da semana, e constitúe, xunto co documental dirixido por Federico Santillana, unha das homenaxes ao gaucho galego.
-
El Balneario de Mondariz acogió durante tres días un encuentro en el que se abordó la evolución del turismo termal de Galicia desde el año 1800 hasta la actualidad.
-
Con esta contratación, Lugo deixa de ser a única provincia galega sen unha rede provincial de bombeiros que garanta a seguridade dos habitantes da provincia. O Consorcio aproba a contratación de novos vehículos e equipamento para as instalacións contra incendios por preto de 1,4 millóns de euros.
-
Esta publicación reúne a toda a información necesaria para orientar nos trámites anteriores e posteriores ao retorno, as características da asistencia sanitaria, o emprego e o sistema de pensións do retornado. Detállanse as axudas e programas a prol da vivenda, da dependencia, e do sistema educativo galego e español.
-
Esta ambiciosa iniciativa, na que participarán prestixiosos expertos mundiais (arquitectos, políticos, escritores, historiadores...), forma parte do Camiño da Reflexión e celebrarase do 18 ao 28 de outubro no Centro Galego de Arte Contemporánea e na Fundación Cidade da Cultura.
-
Máis de 2.000 persoas da Diócese de Lugo peregrinan o 25 de setembro a Santiago de Compostela con motivo do Ano Santo 2010. Esta peregrinación está acompañada polo Orfeón Lucense e baixarán xuntos desde o Monte do Gozo ata a Catedral de Santiago.