Notas
-
O conselleiro de Presidencia reúnese cunha delegación internacional de xornalistas vaticanistas para coñecer polo miúdo o dispositivo especial que se vai poñer en marcha para a visita do Papa a Galicia.
-
Gómez Besteiro subliña que “a imaxe da Pontenova está cambiando e esta praza é un exemplo de que como, grazas á colaboración a tres bandas: Goberno Central, Deputación e Concello, este municipio ten unha cara diferente”.
-
A Área de Cultura colabora estreitamente coa asociación desta parroquia de Vilalba, axudándolle a desenvolver as diferentes actividades de recuperación da artesanía que realizan.
-
Logo de estar en Ourense, Ferrol, Vigo e Pontevedra, a Sala de Exposicións do Centro de Artesanía e Deseño acolle esta mostra benéfica ata o 1 de novembro.
-
A situación da mostra durante o San Froilán condicionou o éxito acadado nos 3 últimos anos, facendo que o número de artesáns interesados en participar aumentase, con respecto o 2009, nun 40%.
-
Achegar os valores do camiño de Santiago aos máis pequenos é o principal obxectivo do libro, a curtamentraxe e a obra teatral que integran a iniciativa didáctica O fillo do trono para estudiantes do 2º ciclo de Primaria dos centros galegos.
-
O Concello de Palas de Rei celebrou o Memorial a Ramiro Villamor, o gaiteiro de Santo Xusto.
-
O Centro de Información a Muller do Concello de Palas de Rei en colaboración coa Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia últiman os detalles do acollemento na Vila de Palas de Rei da exposición itinerante “Elas Fan Camiño”.
-
A mostra Galiciadixital foi inaugurada pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, acompañada pola directora da TVG, Rosa Vilas. Permanece aberta ao público na delegación territorial da Xunta de Galicia ata o sábado, 9 de outubro, en horario de mañá e tarde.
-
Carmen Pardo López salienta a importancia desta festa lucense, exportada hai quince anos a Barcelona grazas á iniciativa de varios empresarios galegos afincados na cidade condal que conformaron a Asociación de Amigos do San Froilán e que promoven o chamado Domingo das Mozas.