Notas
-
O encontro que organiza a Agadic desenvólvese do 18 ao 21 de outubro en seis espazos de Santiago de Compostela. O cartel artístico ofrece 17 espectáculos de teatro de actor e monicreques, tres de danza, un de novo circo e tres “showcases” coreográficos.
-
A Xornada de Hidroloxía Médica acolle a presentación de investigacións pioneiras sobre as vantaxes da hidroterapia na prevención e rehabilitación de certas enfermidades.
-
Ven de celebrarse a XXXII edición da Semana de Cine de Lugo, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, na que arredor de 7.000 persoas asistiron ás proxeccións dos diversos ciclos exhibidos nas salas Auditorio Gustavo Freire (pazo do festival), Biblioteca Provincial, Deputación Provincial e Fundación Caixa Galicia.
-
A exposición é unha coidada selección da obra dos portugueses Mário Cesariny e Artur Cruzeiro Seixas. Pódense ver ata o 14 de decembro na Casa da Parra medio centenar de óleos, debuxos e esculturas dos artistas considerados históricos do surrealismo luso.
-
Dos miles de visitantes á aula formativa sobre a e-administración, un 70% foron da provincia, un 12% da Coruña, e os restantes de fóra de Galicia. Logo do éxito acadado, a @ remata a súa estancia na capital para trasladarse a Mondoñedo con motivo das festas de San Lucas.
-
O considerado como o grande congreso do Camiño de Santiago, organizado por Xacobeo 2010 e o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, analiza as peregrinacións a Santiago, Roma e Xerusalén.
-
Contará con la visita de, entre otras, delegaciones profesionales de México, país invitado, Perú, Turquía, Colombia y Azores. Acogerá la presentación del Observatorio Nacional de Termalismo y de la Asociación Europea de Ciudades con Patrimonio Termal, EHTTA.
-
A Xunta pon en marcha a campaña O sabor da aventura está no mar, a través da cal, 19.000 nenos e nenas consumirán peixe galego fresco. A iniciativa arranca o 13 de outubro no CEIP de Pedrouzos, en Brión, entre rapaces e rapazas de 6 a 12 anos.
-
A comitiva visitou a Granxa Gayoso Castro co obxectivo de identificar recursos xenéticos para cruzar esta Raza coas autóctonas e introducila no país sudamericano.
-
A iniciativa, que actuou sobre diversos espazos da cidade, está resumida nunha exposición instalada na Praza de Abastos. A delegada territorial, Raquel Arias, subliñou a dobre satisfacción de que a Rede Española de Albergues Xuvenís seleccionara a proposta da Dirección Xeral de Xuventude e o albergue LUG II, dependente tamén da Consellería de Traballo.