Notas
-
O vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo Antón Bao inaugurou esta mostra realizada coas fotografías tomadas durante o Arde Lucus por fotógrafos afeccionados no concurso organizado pola agrupación Caetra Lucensium.
-
O Presidente anunciou que a xunta de Goberno provincial adxudicou obras en Foz, Viveiro, Mondoñedo e Alfoz, na rolda de prensa do 1º curso personalizado para o pequeno comercio na provincia: “Burela co seu comercio”
-
http://galiciacaminodopapa.xacobeo.es é a web que pon en marcha a Xunta de Galicia para seguir a visita do Papa a Compostela o 6 de novembro. Inclúe o percorrido que o Papa fará dende o aeroporto de Labacolla ata a catedral, onde veciños, peregrinos e visitantes de Santiago de Compostela poderán saudar a Benedicto XVI no seu recorrido no Papa móvil.
-
Dentro dos actos que conmemoran o 125 aniversario de Rosalía, tamén se realizou un recital-concerto, Ao raso coas lebres, e continúa ata o día 31 a mostra Rosalía, Sempre Viva. Viva Rosalía!, no Museo de Lugo.
-
O depósito actual do Museo do Prado en Lugo está composto por vinte e oito pinturas desde o século XVI ao XIX e dúas esculturas do XIX.
-
Economistas, educadores sociais, administrativos e técnicos audiovisuais, entre outros, conforman o equipo do centro denominado “In Lugo”, dedicado á innovación empresarial no campo do benestar social.
-
A USC achega a súa visión particular sobre a incidencia do programa Erasmus na construción da cidadanía europea. O reitor, xunto co coordinador do volume, presentaron un libro no que se analiza o programa de mobilidade internacional dende a óptica dos seus protagonistas.
-
A obra, de Ramón Reimunde Noreña, foi editada polo servizo de publicacións da Área de Cultura e é un estudo sobre os anos nos que Carvalho Calero residiu en Lugo e foi mestre no Instituto de Fingoi.
-
A través dos diferentes plans provinciais acondicionáronse 325 quilómetros, pertencentes 84 estradas que benefician a 53 Concellos. A Deputación Provincial de Lugo anuncia para 2011 outro plan de aglomerado en quente para 172 quilómetros, incluído na partida económica da Conservación.
-
Celébrase tamén en Santiago de Compostela a Mesa de Directores Xerais de Turismo onde están representadas todas as Comunidades Autónomas de España e que constitúe un foro que asegura a participación das administracións e o sector empresarial nos proxectos de calidade turística.