Notas
-
O presidente da Deputación e o Alcalde de Burela inauguraron a iniciativa, pioneira na provincia, para a mellora do pequeno comercio. Expertos económicos visitan esta semana os 20 establecementos para avaliar a colocación dos produtos, o trato ó cliente, ou as técnicas fronte á competencia.
-
O Centro de Artesanía e Deseño celebra o seu 15º aniversario cunha exposición que recolle a relación do artista coa música logo dunha pioneira e profunda investigación sobre os seus manuscritos.
-
Lugo acolle no global do ano 37 programas mixtos de formación e emprego, que superan os 18,7 millóns de euros de investimento e benefician a máis de 800 persoas desempregadas.
-
Os espectáculos galegos Super8, de Voadora, e Ovay, de Quique Peón, coproducidos polo CDG e o CCG, represéntanse en Madrid na Sala Triángulo e no Centro Cultural Pilar Miró, no marco do Festival Internacional Madrid en Danza.
-
Co lema Se é cultura, está no Culturgal, 50 empresas e entidades amosan os seus produtos e servizos na zona de exposición do pazo da Cultura de Pontevedra, que inclúe representacións escénicas, concertos e foros de debate.
-
A Deputación publica a listaxe da admitidos e excluídos provisional no taboleiro de anuncios e web, e os días 22 e 23 convocará ós solicitantes no INLUDES para continuar co proceso que inclúe unha entrevista persoal e unha proba en inglés.
-
As fotografías, tomadas desde 1974 ata a actualidade en Galicia, ofrecen a persoal visión de García Rodero sobre unha Galicia intemporal, onde se entrelazan a relixión e os ritos pagáns. A exposición, que forma parte do Camiño Contemporáneo, pode visitarse ata o 13 de febreiro no CGAC.
-
Cómpre circular con precaución pola CP 0702 en Cervantes, debido á presenza de neve o que provocou que quedase atrapado un camión, e polas CP 6010 e CP 6402 na Mariña, nas que se produciron asolagamentos.
-
A delegada territorial, Raquel Arias, subliñou a importancia de “estimular unha cultura da innovación” e facer ver ás pequenas e medianas empresas que as novas tecnoloxías resultan “imprescindibles para ser competitivos” .
-
Artistas de renome como Joe Lovano, Stefano Bollani ou Victor Bailey ofrecen o seu virtuosismo ao público lucense no XX Festival de Jazz que se desenvolve entre o 11 e o 20 de novembro e que incorpora o edificio do Vicerreitorado da USC como novo esceario. O festival enmárcase no ciclo Galicia ao Vivo do Xacobeo 2010.