Notas
-
Los deportistas de élite Iván Raña y Marco Rivera colaboraron altruistamente con la iniciativa.
-
Os 23 finalistas do certame Xuventude Crea, nas especialidades de deseño de xoias e artes plásticas, expoñen as súas obras en Santiago de Compostela ata o 4 de decembro. Arredor duns 300 mozos e mozas da comunidade presentaron un total de 186 obras artísticas a unha edición con 11 disciplinas creativas.
-
6.000 persoas maiores participaron activamente no programa de actividades de Galisenior, clausurada polo Concerto Interxeneracional de “O Sonoro Maxín”. O Colexio Oficial de Traballadores Sociais de Galicia celebrou o seu 25º Aniversario en Galisenior.
-
A compañía pública representa a partir do 26 de novembro no Salón Teatro de Compostela a versión da obra de Oscar Wilde. A “performance” do candidato Herodes Antipas desvela a orixe da campaña do partido Bonanza e Progreso de Galilea como acción promocional da obra.
-
A exposición do Museo de Pontevedra Ao pé do prelo. Luís Seoane. Editor e artista gráfico demostra “que se pode artellar desde o auténticamente galego un discurso de imaxes comprensible máis alá dos límites artificiais do espazo e do tempo”, según fontes da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia que conmemora o centenario de Luis Seoane.
-
No programa contra a violencia de xénero adicado á educación dos máis pequenos abordaranse actuacións de información, formación e sensibilización, con liñas específicas de educación en valores e non violencia nun formato axeitado.
-
O convenio regula a subvención que a Área de Cultura concedeu para a homenaxe a Lois Pereiro, e ten como obxectivo xeral estreitar lazos entre a Deputación, e en concreto a Área de Cultura, e a Real Academia Galega.
-
O alto grao de execución dos proxectos europeos Innova-TE e Pacto Provincial polo Emprego permite un adelgazamento do Orzamento do INLUDES ata os 10 M€ en 2011.
-
O Salón Galego das Persoas Maiores, Galisenior, contempla un programa de 60 actividades destinadas ao envellecemento activo e saudable que se clausurará cun concerto interxeneracional. Os días 19 e 20 de novembro terán lugar as Xornadas Técnicas Profesionais.
-
Entre o 22 e o 28 de novembro, coincidindo coa semana de Santa Icía, desenvolverase este evento coas actuacións das corais e grupos vocais en diferentes puntos do casco histórico da cidade.