Notas
-
Para o secretario xeral do PPdeG é inadmisible e un feito sen precedentes que o presidente do Goberno central se negase a visitar Galicia no Xacobeo. Considera que entre as alegrías que nos deixa 2010 está o feito de que Galicia é hoxe un territorio máis forte educativa, financeira, cultural, sanitaria e laboralmente falando.
-
O alcalde de Teo recoñece o mérito destes deportistas “nunha disciplina deportiva que non é de masas” e animounos a continuar traballando deste xeito tan satisfactorio.
-
A Consellería, a través do FOGGA, realizou o pago destas axudas a máis de 6.000 agricultores de zonas desfavorecidas e de montaña. Estes pagos súmanse aos realizados recentemente, correspondentes a varias axudas directas da PAC.
-
Procedente dos montes do Caurel, despois de percorrer as rúas da cidade, o Apalpador recibiu, diante da Deputación, aos nenos e nenas con castañas para encher os seus bandullos baleiros.
-
Mediante este acordo os deportistas do equipo de baloncesto disporán dos servizos médicos da clínica lucense.
-
O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, presentou os resultados do Barómetro da Inmigración 2010. Entre os datos recollidos pola Xunta cómpre destacar que tanto os nativos coma os foráneos calculan que hai máis inmigración da que existe.
-
O concello de Vilalba acolleu, un ano máis, a súa tradicional Feira dos Capóns na que se comercializaron arredor de 800 exemplares a un precio medio de 100 euros. O conselleiro de Medio Rural da Xunta avogou por abrir novos mercados para este producto.
-
Do 17 de decembro ata o 16 de xaneiro, o V Circuito Galego de Maxia “Nadal Máxico 2010” ten programadas actuacións nun total de 20 concellos das catro provincias galegas. Cultura e Turismo presenta a quinta edición do circuíto galego de maxia en colaboración coa Asociación de magos profesionais de Galicia.
-
Preséntanse as bases do XXI Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán que convoca o Centro Cultural de Begonte:
-
Na xornada Camino de Santiago: Destino Xacobeo 2021, que organiza a Asociación Amigos dos Pazos, destacouse a potencialidade das rutas xacobeas que, según datos da Xunta, duplicaron os viaxeiros nos primeiros dez meses do ano, polo que piden traballo cara o Ano Santo de 2021.