Notas
-
Trátase dunha exposición integrada por 30 instantáneas realizadas por 10 fotógrafos do Grupo Fonmiñá que reflicten a importancia do Nadal.
-
O Servizo de Atención á Infancia e Xuventude de Cáritas Diocesana de Lugo organiza un curso de monitores de tempo libre durante os meses de decembro do 2010 e xaneiro de 2011, en xornadas de 9 a 14 e de 16 a 21 horas, no centro de cáritas na avda. das Américas 93-97, de Lugo.
-
As propostas máis orixinais formarán parte dunha galería que estará dispoñible no web da secretaría xeral. Tamén haberá un premio de produtos de lecer para os tres mellores traballos. O prazo para participar no concurso remata o día 20 de decembro.
-
Galicia sitúase en todas as competencias por riba da media española e nos grupos intermedios respecto das Comunidades Autónomas. En comprensión lectora, a principal competencia avaliada, Galicia mellora 7 puntos.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo asegurou que, ante a marcha do historiador ourensán, “a cultura galega, na que Marcos tiña unha gran fe, tamén está de loito”. Marcos Varela foi especialista no estudo da Xeración Nós.
-
Ata o 28 de febreiro exhíbese no Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago de Compostela, a mostra De Saladino a Sherezade. Oriente no cómic. O conselleiro de Educación destaca a interculturalidade da sociedade galega.
-
O responsable de Política Lingüística participou na ofrenda floral en recordo do escritor Blanco Amor, logo de 31 anos do seu pasamento, e considerado unha das pezas clave na dignificación do galego e unha porta de chegada ao idioma para miles de lectores.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegura que o encontro internacional Pasado, presente e futuro das Bibliotecas, “presta unha gran axuda para o despegue internacional da Biblioteca de Galicia, concibida para reunir, conservar e difundir o rico patrimonio bibliográfico”.
-
A Real Academia Galega, o Consello da Cultura, a Fundación Penzol e a Editorial Galaxia participan no acto de homenaxe que a Xunta de Galicia promove sobre a figura de Francisco Fernández del Riego e que pretende ser o recoñecemento da sociedade galega ao intelectual galeguista. Fan lecturas as escritoras Rosa Aneiros e Luisa Castro, e o Cuarteto Rosalía participa na ambientación musical.
-
Política Lingüística colabora con este proxecto de formación e divulgación lingüística e cultural que promove a Fundación Eduardo Pondal. Ten por obxectivo a difusión do estudo e a preservación da vida e da obra de Eduardo Pondal, a través dun “programa no que a lingua galega contou cun papel central”.