Notas
-
A Deputación Provincial de Lugo aporta 185.000 euros ás obras, que converterán o lugar, por unha banda, nun centro contedor para a mostra de fondos e recepción de visitantes, e por outra nun centro produtor de contidos e actividades.
-
O presidente da Deputación Provincial de Lugo di que todas as administracións afrontan o recorte público para cumprir co compromiso europeo para acelerar a redución o déficit.
-
A delegada territorial da Xunta en Vigo comunícalle ao comité de empresa de Povisa que non existe motivo para que o hospital presente un ERE xa que o concerto admite unha prórroga mentras duren as negociacións para asinar o novo convenio.
-
Tamén se presenta, no marco das actividades complementarias á exposición, o libro de Pilar García Negro, “O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo”, o martes 9 de novembro no Museo do Mar de San Cibrao.
-
A Secretaría Xeral da Igualdade organiza o I Congreso sobre Literatura e Violencia de Xénero, entendendo que a novela é unha ferramenta útil para denunciar a violencia de xénero e sensibilizar ao público lector sobre a necesidade de rexeitar de forma clara e contundente esa lacra social. O congreso permite unir a vida real coa creación literaria.
-
O Café Moderno de Pontevedra acolle ata o 30 de xaneiro de 2011 a mostra Desde o informalismo ao multicolor con obras de Antoni Tàpies, Jorge Oteiza ou Miquel Barceló. Trátase dunha retrospectiva de arte español desde os anos 50.
-
O ciclo busca unha aproximación a algunhas das máis importantes adaptacións cinematográficas que teñen como referencia a literatura do escritor galego que naceu na Coruña en 1885 e faleceu en Madrid no ano 1964.
-
Gómez Besteiro e García Iglesias asinan un convenio de colaboración mediante o cal a entidade financeira aporta 90.000 euros ó desenvolvemento desta iniciativa.O programa complementa as accións da Casa do Emigrante que a Deputación levou a Viveiro e onde só en 2010 se atenderon a 2.500 persoas.
-
A Xustiza confirma que a denuncia política iniciada polos socialistas o día da pegada de carteis das eleccións europeas só tiña unha intención: manchar o nome do conselleiro como forma de gañar votos. O PPdeG esixe unha desculpa inmediata da cúpula do PSOE por 18 meses de calumnias e inxurias a Agustín Hernández.
-
Súmanse ás preto de 20.000 que xa participaron na iniciativa coa que a Deputación demostrou que o medio ambiente é a oportunidade económica de Lugo e contribúe a manter uns 3.000 postos de traballo na provincia.