Notas
-
A médica Carmen Navarro defendeu máis investigación para os hospitais, xa que iso contribuirá a unha mellor e máis rápida aplicación das investigacións e da asistencia aos pacientes, e lembrou a importancia de traballar entorno as enfermidades raras.
-
“Cunha marca creativa, propagada e convenientemente popularizada solventamos a gran carencia que tiña ata agora a nosa terra para poder competir no mundo da imaxe, a comunicación e as redes sociais”, salienta o presidente da Xunta na presentación da marca.
-
A exposición confórmana as 19 mellores fotografías presentadas ao concurso de idéntico nome que a Fundación Galicia Europa convocou con motivo da celebración do Ano Europeo da Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social.
-
A influencia dos medios de comunicación non sempre é positiva na desaparición de estereotipos sobre mulleres e homes, por iso é importante que o profesorado ensine á xente mais nova que entender é algo distinto do mero ver. Fíos Violeta está destinada ao profesorado e alumnado de ESO.
-
El Moto Club Lóstregos-Lvcvs presento la campaña “Xoguetes en Movemento” por cuarto año consecutivo. El objetivo de este moto club es que los niños más desfavorecidos de Lugo también puedan disfrutar de juguetes por Navidad.
-
Financiado con 2,5 millones de euros, o Plan de Competitividade Turística Portas de Galicia enmárcase no Plan do Turismo Español Horizonte 2010 que pretende a creación dunha marca turística sólida.
-
A 11ª edición do Cross, con 650 participantes procedentes de toda Galicia, e o torneo de xadrez centraron a actividades desta última xornada. A organización entregou máis de 4.000 medallas aos participantes nas distintos campionatos e concursos.
-
O organismo provincial asume, sen aumentar a débeda pública, o custe total destas actuacións complementarias que se executarán en 9 municipios e beneficiarán a 176.000 cidadáns. Dotará de servizos necesarios a Concellos que superan os 5.000 habitantes ou exercen de motor comarcal, e que quedaran excluídos doutros plans impulsados polo organismo provincial.
-
O congreso, no marco de Camiño de Reflexión, reúne entre o 15 e o 19 de decembro na capital galega a historiadores de todo o mundo que participan neste evento internacional cada Ano Santo desde 1993.
-
No mes de decembro, celébranse a interpretación de O Mesías de Händel por Gabrieli Consort and Players, o concerto da Orquestra Sinfónica de Castela e León e a Misa en fa menor de Anton Bruckner. Xacobeo Classics estivo presente en pequenos e grandes escearios de toda Galicia.