Notas
-
A sala de exposicións da Xunta de Galicia en Lugo acolle a mostra de carteis presentados ao Certame convocado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá para elexir o cartel anunciador da 32ª Semana de Cine de Autor. O valencián Martín Fores é o autor do cartel gañador desta edición.
-
A Deputación denuncia graves irregularidades na Fundación TIC durante a época do equipo de Barreiro semellantes ás acontecidas no Pazo de Tor. A TIC gravaba co Partido Popular galas en Toledo de Manolo Escobar, David Civera ou Pimpinela das que se beneficiaba unha produtora de fóra que, á súa vez, gañaba cartos pasándolle ós Concellos de Lugo unha factura de 5 millóns de pesetas por saír na gala.
-
Numerosos veciños asistiron ao XV Festival de Danza Tradicional e participaron, xunto co alcalde da localidade e outros rexedores municipais, na inauguración da Praza Pública de Cuiña.
-
A Xunta de Galicia quere “celebrar esta importante data intentando achegar este autor ao maior número de xente posible, promovendo a lectura da súa obra e conseguir que se descubra a enorme complexidade e riqueza dos seus escritos”, según Cultura.
-
Gómez Besteiro presenta ó Secretario de Estado de Administración Local no país luso, os dous programas tecnolóxicos cos que implantará a eadministración na provincia, creando emprego e aforrando cartos ós Concellos e ós cidadáns.
-
A mítica banda dos anos sesenta The zombies actúa por primeira vez en Galicia da man do ciclo Xacobeo Importa. O concerto programouse para o 11 de novembro na Sala Mondo de Vigo e súmase aos de Mudhoney, Young Fresh Fellows e Interpol, e repasa os seus éxitos para os máis nostálxicos.
-
Coincidindo co Día do Cooperante, presentouse en Compostela o Rexistro de Cooperantes no Exterior no que Galicia é pioneira. Según os datos, o perfil do cooperante galego é unha muller, de entre 25 e 35 anos, que traballa para unha ONGD de América.
-
La Fundación Española del Corazón (FEC), con el apoyo de la Sociedad Española de Cardiología (SEC) y la colaboración de la Deputación de Lugo, el Concello de Lugo, el Concello de Santiago y Xacobeo 2010, ha promovido el Xacobeo con Corazón, una iniciativa pionera que ha conseguido reunir por primera vez a un centenar de pacientes cardíacos que recorrerán un tramo del Camino de Santiago.
-
O titular provincial participou na inauguración da cuarta edición do congreso ForestSat que reúne en Lugo a preto de 200 investigadores de 32 países. No encontro, que se desenvolve ata o 10 de setembro, realízanse 80 presentacións orais nas que se presentarán as técnicas existentes para a mellora da xestión forestal.
-
Ata o 15 de decembro máis de cen casas de turismo rural participan neste programa que inclúe 213 propostas gastronómicas, paquetes turísticos e fins de semana e que este ano inclúe como novidade 120 premios directos agochados no interior das casas de turismo rural aos que optan todos os participantes. Promocionarase en Madrid e Barcelona.