Notas
-
A Coruña acolle o Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia Sónar Galicia 2010 considerado como un dos eventos máis importantes do mundo na música electrónica.
-
A Xunta aprobará a 2014 Axenda Dixital de Galicia que establece as liñas para que as TIC sexan unha peza clave na recuperación económica e define as políticas tecnolóxicas en converxencia coa estratexia europea.
-
Cultura e Turismo anuncia un investimento de 10 millóns de euros para a rehabilitación do Cuartel de San Fernando como Centro de Interpretación e Museo da Romanización de Lugo. Os arquitectos Pedro Colón e Raquel Buj, gañadores do concurso de ideas para o anteproxecto.
-
O traspaso do persoal dos hospitais San José e San Rafael á Consellería de Sanidade mellorará a atención aos pacientes e a calidade das prestacións sanitarias e levarase a efecto o 1 de xaneiro de 2011.
-
O programa África Vive trae e Santiago de Compostela aos bailaríns Ciré Beyè e Auguste Ouedraogo que amosan o potencial artístico e o traballo creativo da danza contemporánea africana.
-
O presidente da Xunta asegura que con esta obra, de máis de 28 quilómetros e 150 millóns de euros, reducirá o traxecto entre as localidades de Sarria e Monforte de Lemos a 17 minutos e di que esta infraestrutura estará en 2011.
-
Alfonso Rueda destacou que o operativo habilitado pola Xunta de Galicia para minimizar as incidencias causadas polas intensas choivas funciona “adecuada e coordinadamente”.
-
A mostra From I to J xorde da admiración da directora de cine Isabel Coixet pola obra de John Berger, un dos principais pensadores do século XX. A mostra recrea a historia dunha muller, Aida, que escribe cartas ao seu namorado, Xavier, que está encarcerado.
-
Gómez Besteiro inaugurou o local, situado na rúa da Raíña, e creado pola UTE encargada da implantación da administración electrónica na provincia. A través deste centro de traballo, realizaranse novas contratacións a empresas locais, o que vai a permitir crear máis postos de traballo no eido tecnolóxico.
-
ENCE agradeceu o interese demostrado por Portos de Galicia para acadar o acordo polo que se mantén parte do tráfico de pasta de celulosa desde o porto de Mirasol. A solución loxística do porto de Ribadeo é complementaria coa oferta de transporte de FEVE e o porto de Xixón para o transporte de pasta de papel e madeira desde e cara Navia.