Notas
-
O premio en Investigación e Ensaio recaeu en Pablo Carpinteiro por Os instrumentos musicais na tradición galega. Os premios entréganse o 12 de xuño no Pazo da Familia Losada en Moldes.
-
Galicia recibirá do Ministerio 279.207 euros para programas de asistencia integral ás vítimas de violencia de xénero, dos que 205.000 terán que ser destinados a mulleres inmigrantes e 75.000 menores vítimas da violencia machista. -
Tras la jornada inaugural se cerraron los primeros contactos comerciales, poniendo nuevamente de manifiesto que a la fecha, A Estrada, sigue siendo todo un referente y un foro de negocio perfectamente válido. -
A primeira botella da serie está dedicada a Campus Estelae (Compostela), e dela comercializaranse 75.000 unidades. Presentada unha colección exclusiva de seis botellas sobre etapas relevantes do Camiño de Santiago. -
As máscaras da compañía alemá Familie Flöz presentan a comedia negra Hotel Paradiso que combina humor, misterio e melancolía nunha historia que comeza cando a aparición dun cadáver racha a aparente tranquilidade dunha idílica hospedaría. -
Xacobeo Importa trae por primeira vez a Galicia ao rapeiro americano Raekwon que actuará o 14 de maio na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Achegar ao público galego artistas internacionais de referencia en pequenos espazos, obxectivo deste ciclo. -
Presentouse na Casa de Galicia en Madrid a celebración do 23 de abril ao 2 de maio da XV Semana Gastronómica do Marisco Xuntanza en Alcobendas, convidando ós amantes do marisco. -
A Xunta de Galicia promove a iniciativa ÁgoraLibros. Os libros nas prazas, na que se empregarán 100.000 volumes para escribir de forma simultánea estrofas do poema de Rosalía en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. -
A mostra Santiago, punto de encuentro. Obras maestras de la Catedral de Santiago y Caixa Galicia preséntase como un inédito diálogo entre a arte sacra e a plástica moderna.
-
O congreso Unha visión xurídica do Camiño de Santiago reúne en Compostela a responsables da xestión e administración do patrimonio cultural galego, así como a profesionais da xurisprudencia en relación ás Rutas Xacobeas.
