Notas
-
Este evento coincide coa IV Conferencia da Fundación Iberoamericana do PEN que se celebra en Santiago de Compostela con motivo do Ano do Libro e da Cultura no Xacobeo 2010. Na presentación reivindicouse a validez universal da obra dos creadores.
-
A Consellería de Cultura e Turismo destinará en total 2,3 millóns de euros para executar obras de acondicionamento e mellora en 50 tramos prioritarios dos Camiños de Santiago. Os traballos afectarán a 30 concellos.
-
Xacobeo 2010 presenta a mostra Regreso á orixe. Xerusalén, Roma, Santiago. Unha viaxe contemporánea, formada por 82 fotografías e un documental do monfortino Manuel Valcárcel e do músico Alejandro González.
-
Sexo? Por que non? é unha divertida comedia interpretada por Mercedes Castro na que se amosan situacións cotiás en torno ao encontro carnal. A oferta de espectáculos de maio no Salón Tetro de Compostela inclúe os recitais de Vashti Bunyan e Lorena Lores.
-
A Xunta de Galicia estima a inversión dun millón e medio de euros ata 2013 para a posta en valor da Catedral de San Martiño, en Ourense, en función das aportacións doutras institucións. 60.000 euros destinaranse á mellora do Pórtico do Paraíso.
-
A Deputación Provincial de Lugo afirma que a recuperación e distribución dos primeiros exemplares da Letanía de Galicia, publicado en 1972, fan parte da contribución ao recoñecemento do Día das Letras Galegas a Novoneyra.
-
Os doce eurodeputados, a quen se lle entregaron exemplares da memoria de Responsabilidade Social da USC, conversaron cos responsables universitarios sobre o Espazo Docente de Educación Superior (EEES).
-
A Compañía Aérea Air Nostrum bautizou un avión da súa flota co nome de Galicia. O avión, un CRJ 200, ten capacidade para 50 pasaxeiros. Viaxará a sete países de Europa e ao Norte de África. Air Nostrum abre en maio novas rutas de enlace A Coruña-Valencia e Vigo-Sevilla.
-
Esta iniciativa da Xunta de Galicia subvencionará aos desempregados que se constituíron como traballadores autónomos a partires do 16 de setembro de 2009. O prazo para solicitar estas axudas rematará o 30 de xuño.
-
A lo largo de cada Curso la AMPA del Colegio PP. Franciscanos de Lugo suele organizar dos conferencias. En la última de este año, celebrada el 23 de abril e impartida por el Dr. D. José Carro Otero, Presidente de la Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, se abordó el análisis de los “Problemas socio-sanitarios de la juventud actual”.