Notas
-
Para el décimo aniversario de la Feria Profesional del Mueble de Galicia, la Fundación de Exposiciones y Congresos de A Estrada, ha reunido a medio centenar de firmas expositoras destacando las firmas gallegas, españolas y una representación de fabricantes portugueses.
-
Asinado un convenio de colaboración para a realización do Festival Compostela Máxica, o Festival Entredanzas, o Ciclo Sons da Diversidade e o Festival Cineuropa 2010.
-
O Igape xerou unha inversión inducida de 1.500 millóns de euros neste primeiro ano de Goberno, case un 60% máis que o acadado en 2008. Os apoios da Xunta ao tecido produtivo medran en todas as liñas para a reactivación.
-
Galicia é unha das poucas rexións europeas que está a consensuar unha postura unitaria respecto do futuro do sector leiteiro e da PAC.
-
Este documento, que será a folla de ruta da Sanidade galega nos próximos anos, recollerá as principais liñas estratéxicas de actuacións para ofrecer á cidadanía unha asistencia sanitaria pública de calidade.
-
Turgalicia desenvolverá unha acción de difusión do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2010 en centros comerciais de Madrid, Barcelona, Zaragoza, Sevilla, Valencia e Bilbao baixo o reclamo: Camino de Santiago, Camino de Galicia, ¿vienes?
-
O Teatro Municipal de Tui acolle do luns 5 ao venres 9 de abril, coincidindo coas Festas de San Telmo, a II Semana do Teatro Afeccionado organizada pola Concellería de Cultura de Tui. As representacións están programadas para as 21:00 h.
-
O ministro de Fomento, José Blanco, ratificou ante o alcalde da cidade, Vicente Irisarri, o compromiso co porto de Ferrol co obxectivo de convertelo no porto de redistribución de tráficos do Atlántico español.
-
A Dirección Xeral de Comercio respalda cunha cantidade global de case 55.000 euros a realización da XX Mostra do Encaixe de Camariñas que permanece aberta ata o día 4 de abril.
-
Máis dun millón de galegos beneficiaranse do convenio de mellora do subministro eléctrico en máis de 200 concellos de Galicia por un importe de máis de 24 millóns de euros e que contempla a realización de 166 obras nos plans de mellora.