Notas
-
A Consellería de Cultura e Turismo, Turespaña e os doce concellos ourensans, limitrofes con Portugal e Castela-león, asinarán, xunto co sector privado, o plan “Portas de Galicia” por un importe total de 2.500.000 euros.
-
O protocolo de colaboración asinado contempla 23 cláusulas e inclúe cuestións de interese común para Galicia e Castela León en materias de educación, infraestruturas ou do Xacobeo. Co acordo preténdese dotar de valor engadido ás políticas de intercambio e ás alianzas entre ambos territorios.
-
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, presidiu unha reunión con representantes de organismos e institucións luguesas na que acordou por unanimidade esta denominación: Lucus Augusti, que fai referencia á orixe romana e á historia da cidade.
-
Varios colectivos, asociacións e institucións relacionados coa defensa da cultura, do patrimonio e do medio ambiente galego reuníronse en Lugo para promover actuacións que busquen a defensa do Camiño Primitivo a Santiago.
-
A Consellería de Traballo inicia as reunións da comisión bilateral Galicia-Estado para abordar as políticas de emprego en Galicia. O encontro avanzará no establecemento de programas de mellora da empregabilidade e nun posible financiamento adicional destas medidas.
-
A Fundación Caixa Galicia e Herrerías serán sede de dúas exposicións sobre a vida e obra de Torrente. Tamén se proxectará El rey pasmado e Los gozos y las sombras, no conxunto de actividades previstas que inclúen conferencias e teatro.
-
As carreiras de cabalos en España teñen cada vez máis cor ourensá grazas aos bos resultados colleitados polos fillos dos sementais locais, que a Deputación ten nas súas intslacións de Antela.
-
O Secretario Xeral de Medios da Xunta, Alfonso Cabaleiro, comparecerá a petición propia no Parlamento galego para explicar o proceso de acendido dixital que se inicia o luns nas áreas técnicas de Ourense-Leste, Santiago, Meda e Ares.
-
Cultura e Sargadelos colaboran no mantemento da casa da administración e do Museo Histórico en CervoCultura e Turismo destinará 30.000 euros como contribución para o funcionamento e mantemento da Casa de Administración e para a realización do Proxecto expositivo permanente do Museo Histórico de Sargadelos.
-
Concello, Universidade de Vigo e Unicef inauguran a mostra de fotografía de Francesco Tonucci titulada Os dereitos das nenas e dos nenos na que se amosa o traballo do pedagogo italiano a favor dos dereitos do neno. Tonucci adícase ao estudo do comportamento infantil.