Notas
-
Las obras de Salvador Cidrás, relacionadas con la imagen y construcción de modas culturales alternativas pueden verse entre el 7 de marzo abril en la galería ourensana.
-
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos pon de relevancia as melloras levadas a cabo en canto aos medios e persoal de salvamento marítimo dos que dispón Galicia dende a chegada á Xunta do novo Goberno galego.
-
O programa de dinamización musical Son de Cangas introduce varias novidades respecto do proxecto antecesor, Directo Xove, co fin de “ser moitísimo máis ambiciosos” na finalidade de promocionar os grupos musicais da vila pontevedresa.
-
O Centro de Investigación Económica e Financeira da Fundación Caixa Galicia (CIEF) prepara un diagnóstico realista das fortalezas, debilidades, ameazas e oportunidades de Lugo.
-
Galicia será a Comunidade española que maior representación terá nos Comités da Comisión Europea ata 2011: dun total de 91 Comités, participa en 41.
-
Estas instalacións estanse a quedar pequenas debido ao incremento do volume de descargas que está a experimentar. Pesca animou ao pósito de Carril a crear unha marca comercial para a ameixa que se produce nos parques de cultivo desta localidade.
-
O obxectivo é concienciar ós escolares sobre a importancia de aforrar auga. Para elo promóvese un ciclo de representacións teatrais nos colexios cun formato interactivo espontáneo, fresco e arriscado, propio das representacións de rúa.
-
As bases están en elaboración para a súa remisión ás organizacións sindicais e aos centros de administración afectados, según explicou no Parlamento o director xeral de Calidade e Avaliación de Políticas Públicas, Juan Gómez.
-
Esta iniciativa permitirá que os futuros restauradores coñezan de preto o mundo da acuicultura e, ao mesmo tempo, que os alumnos do Igafa participen en talleres de cociña e na elaboración de menús.
-
A Sociedade Urbanística Provincial contará con 38.850.000 euros de presuposto para o ano 2008. O orzamento aprobado por unanimidade contempla actuacións en todas as comarcas da provincia.