Notas
-
O conselleiro comparte a preocupación do Comisario de Pesca da UE, e di que empecinamento de Rodríguez Zapatero de "facerse a foto" cos dirixentes dos dous países poñe en risco o futuro da baixura en Galicia.
-
O índice de incidencia na Comunidade foi de 6.020 accidentes por cada 100.000 traballadores e no Estado de 6.170.
-
O presidente da Xunta, Manuel Fraga, inaugura Galiemprego 2005 en Santiago. O evento, promovido pola Consellería de Emprego, celebrarase entre o 28 e o 30 de abril.
-
A orde que establece as axudas sae publicada no Diario Oficial de Galicia de 27 de abril de 2005. O prazo para solicitalos será de corenta días naturais a partir do 28 de abril.
-
300 directivos e orientadores de centros educativos de toda Galicia asistiron a este encontro.
-
- O titular do Executivo autonómico, Manuel Fraga, presidiu en Cee a sinatura dun convenio entre o Goberno galego e Ferroatlántica S.L. para levar a cabo esta obra - Manuel Fraga indicou que o novo porto de Cee disporá dunhas “excelentes conexións” coas redes de autovías e autoestradas de España, Portugal e o resto de Europa - Ao abeiro deste convenio de colaboración, garántese un tráfico mínimo anual de 206.000 “toneladas equivalentes” durante 20 anos neste porto - O novo peirao permitirá o atraque de embarcacións de 25.000 toneladas en Brens - O plan estratéxico de portos conta cun orzamento de 707 millóns de euros durante o período 2004-2008
-
A participación galega, con 52 firmas, supoñe unha cifra record a través do pavillón da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
-
- II Ciclo de Conferencias e Debates "Vigo: o home e a cidade". A Área Metropolitana de Vigo. - Ponente: Profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Vigo. - Xoves, 28 de abril, ás 20 horas, no Centro Social Caixanova.
-
- Sanidade ofrece, por vez primeira, a posibilidade de xerar a solicitude a través dun formulario web que se pode cubrir dende o domicilio do aspirante ou dende os operativos habilitados ao efecto - O Diario Oficial de Galicia de mañá publicará a Orde de Sanidade pola que se convoca a fase de provisión da categoría de ATS/DUE - Na solicitude realizada polo aspirante, ademais de reflectir a orde de preferencia dos centros, tamén poderá especificar o réxime de xornada ao que desexa optar, podendo seleccionar entre quenda de mañá ou tarde
-
O Valedor do Pobo errou na estimación de prazas de gardarías, terreo no que Galicia acadará as recomendacións europeas cun lustro de antelación.