Notas
-
A titular do departamento, Belén Prado, asinou un convenio de colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia e os sindicatos CIG, CCOO e UGT.
-
- Xosé Manuel Barreiro, Francisco Cacharro e José Luís Méndez presentaron no Centro Superior Cinexético e Piscícola o novo servizo - A iniciativa permitirá financiar as actividades da Fundación Centro Cinexético e Piscícola de Galicia e das Federacións de Caza e de Pesca de Galicia
-
O programa regula a colaboración entre a Administración autonómica e a local para a realización de programas sociais coma a teleasistencia e a axuda no fogar. O Goberno galego aumentou os fondos achegados a este programa nun 47,75% na última lexislatura.
-
O presidente da Xunta inaugurou no concello pontevedrés de Valga a ampliación da factoría Extrugasa Transformación S.A.
-
López Veiga remitiulle unha carta á ministra de Medioambiente denegando o procedemento de avaliación ambiental por tratarse de zonas de gran importancia pesqueira e marisqueira.
-
- O mandatario galego inaugurou o Centro Residencial Nova Vida, en Vilaboa (Pontevedra) - Subliñou que esta actuación enmárcase no Plan Igape, “unha iniciativa do Goberno galego creada co obxectivo de servir de estímulo á creación de novos centros residenciais en Galicia”
-
- A iniciativa de recollida de residuos ponse en marcha a través do acordo das consellerías de Medio Ambiente e Política Agroalimentaria e Sigfito - Cada ano prodúcense en Galicia preto de 150 toneladas destes residuos, o que supón o 2,24 por cento do total de España - Xa están operativos 101 puntos de recollida e almacenamento de envases fitosanitarios que se distribúen entre as catro provincias
-
- O titular do Goberno autonómico clausurou o I Encontro Galego de Empresa Familiar, que se celebrou en Ourense - A importancia destas empresas no tecido produtivo indica, segundo Fraga, que “da súa xestión e desenvolvemento futuros dependerá boa parte do progreso económico da nosa Comunidade” - Reflexiona sobre os “considerables retos” aos que se enfrontan este tipo de entidades, como a necesidade de atopar novos mercados, a incorporación das novas tecnoloxías, a mellora da formación ou a sucesión empresarial
-
- O conselleiro presidiu a entrega de títulos de propiedade en Xinzo de Limia - Política Agroalimentaria investiu preto de 700.000 euros nos traballos - A superficie total concentrada foi de 269 hectáreas - A extensión media das finca sé cinco veces maior
-
O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes asinou acordos de colaboración con 32 concellos das Comarcas de Baixa Limia, Terra de Celanova, Allariz- Maceda e A Limia, cunha asignación total de 1.648.717 euros, dentro do “Programa de Cooperación para Infraestruturas Rurais”, dotado con 20 millóns de euros.