Notas
-
Na reunión entre Carmen Bouso e a Federación Galega de Confrarías tamén se tratou o adianto da campaña da nécora.
-
O venres 29 de abril de 2005, ás once da noite, o Auditorio do concello da illa de Arousa acolle a función "Vento Mareiro".
-
O departamento autonómico financiará con 18.000 euros tres cursos de formación para evitar a sinistralidade laboral entre os traballadores do mar. Segundo se recolle nun convenio asinado entre os responsables de ámbalas dúas entidades.
-
Barreiro informou da iniciativa na xuntanza do Consello Galego de Protección dos Animais Domésticos celebrada en Santiago. Entre 2002 e 2004 iniciáronse 98 expedientes de protección animal e outros 223 de tenza de cans potencialmente perigosos.
-
Manuel Fraga reuniuse cun dos propietarios, co director da Real Banda de Gaitas de Ourense e coa directora xeral de Turismo da Xunta para abordar o tema. Tamén informou da restauración dos Camiños de Santiago que pasan pola zona.
-
A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural rexeita que o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación non inclúa a Galicia no último Real Decreto que recolle as axudas para paliar os danos por xeadas.
-
O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes asinou acordos de colaboración con 17 concellos das Comarcas de Chantada, Terra de Lemos e Quiroga, cunha asignación total de 880.976 euros, dentro do “Programa de Cooperación para Infraestruturas Rurais”, dotado con 20 millóns de euros.
-
A Consellería de Medio Ambiente espera que Narbona informe destas cuestións no balance que fará hoxe das actuacións do Executivo socialista. A Xunta está á espera de recibir respostas sobre o financiamento do tratamento dos residuos do Prestige, diversas obras hidráulicas e transferencias reiteradamente demandadas.
-
- A maioría das consultas feitas este ano, cunha media de máis de 2.700 chamadas ao día, refírense a solicitudes de identificación de bovinos, de expedición de certificados de aptitude e de recollida de reses mortas - O número de teléfono é o 902112000 e o horario de atención e de luns a venres de oito da mañá a oito da tarde; e sábados, domingos e festivos de nove da mañá a dous da tarde
-
O secretario xeral da Consellería de Pesca explicou ós representantes de Aguete, Loira, Mogor e Teoría as consecuencias dun informe da CPTOV.