Notas
-
A praza central acolle o concerto da banda galega Os Amigos dos Músicos e o sábado 30 de xullo é a quenda do pop luminoso de La familia del árbol. Inclúe o venres 29 de xullo a segunda sesión de cine ao aire libre coa película de Alan Parker The Commitments, precedida por unha sesión DJ a cargo de Pablo Electrocute.
-
Durante os días 30 e 31 de xullo, o municipio ourensá de Manzaneda acolle a celebración da VII edición do “Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas – I Encontro Infantil”. Inclúe a celebración da Noite Celta coa actuación de Óscar Ibáñez (Trío), Cantareiras da Real Banda, Real Xuvenil e Lapsus Gaita.
-
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou a súa nova temporada de abono 2016-2017 no Auditorio de Galicia. A orquestra afrontará o repertorio clásico que a caracteriza, pero ademais, no seu afán de innovar, explorará novos camiños musicais, abordando un repertorio nunca antes interpretado.
-
A LII Festa do Polbo de O Carballiño é un dos 11 festexos declarados de interese turístico nacional que se suma ás máis de 100 de tipo autonómico e ás 9 de carácter internacional. O xeodestino de Ourense rexistrou 108.000 visitantes e 200.000 pernoitas no primeiro semestre do ano, un 17% e un 22% máis que en 2015.
-
A proposta cultural pódese visitar en agosto na Fundación Eugenio Granell e contará con preto de 200 produtos artesanais de 46 talleres de toda Galicia. A iniciativa enmárcase dentro do programa Artesanía de Galicia. O teu camiño, que tamén inclúe dúas exposicións e a celebración de obradoiros profesionais e para toda a familia.
-
Cífrase en 122.400 euros a colaboración do Goberno galego con este comedor social en 2015, o que representa un aumento de máis do 30% desde o ano pasado e un 66% desde 2009. A axuda enmárcase na Axenda Social Única de Galicia asinada entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e a Rede Galega de Loita contra a pobreza e a exclusión.
-
Alberto Zedda será o director musical da versión semiescénica de Gustavo Tambascio, cun reparto encabezado por Ainhoa Arteta e Bryn Terfel xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos. A Xunta apoia as actividades de promoción do xénero lírico que leva a cabo a Asociación Amigos da Ópera e que se presentaron nesta cidade.
-
A actividade, organizada pola universidade compostelana co apoio de Turismo de Galicia, é parte da programación especial do Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia. O curso reúne a importantes expertos de diversas universidades e entidades europeas ata o 22 de xullo.
-
A portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou que o BNG incluirá no seu programa electoral a elaboración dunha Lei galega de recuperación da memoria histórica que permita homenaxear as 4.000 vítimas, homes e mulleres, que foron reprimidos e asasinados no franquismo cos que o país ten unha débeda moral e política.
-
Galicia Culturea leva no verán de 2016 preto de 600 actividades culturais e de dinamización lingüística a un total de 166 concellos galegos. Entre os obxectivos do programa está achegarlles os distintos públicos aos creadores e artistas galegos, que se coñezan máis e mellor os excelentes froitos que dá a cultura galega na actualidade.