Notas
-
A partir do concepto de "modernidade líquida" desenvolvido por Zygmunt Bauman, Premio Príncipe de Asturias da Comunicación e Humanidades en 2010, a Universidade de Santiago ofrece ata o 15 de xullo unha exposición composta por fotografías realizadas por membros de Fotoforum Compostela.
-
A Consellería de Cultura e a Federación asinan un convenio para a realización do Circuíto Galego de Teatro Amador 2016, que ofrecerá 60 representacións percorrendo Galicia ata finais de outubro. Tamén apoia o XV Festival Agustín Magán coas últimas propostas escénicas de grupos federados entre o 29 de outubro e o 1 de novembro.
-
A Orquesta celebrará o seu 25 aniversario coa súa tempada de concertos máis longa e un ciclo especial no mes de maio de 2017 que incluirá a interpretación de todas as sinfonías de Beethoven. En total serán 36 concertos de abono e dous extraordinarios en homenaxe ás e aos case 1.700 abonados que ten a entidade musical.
-
O Foro da Innovación para o Emprego 2016. que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións en Compostela do 15 ao 16 de xuño, ten recibido 129 ofertas de 78 empresas. Rexistráronse nas ofertas máis de 3.200 usuarios e foron remitidos ás empresas máis de 800 currículos que se axustaban aos perfís requiridos.
-
A Xunta colabora coa organización do certame cunha achega de 40.000 euros. “Non estamos a falar dun festival calquera, senón dunha manifestación como poucas dos valores culturais e da tradición popular”, asegurou o delegado territorial da Xunta.
-
O mercado galego de artes escénicas para profesionais e para o público xeral conclúe en Santiago coa participación de más de 120 axentes culturais e 37 compañías. Galicia Escena Pro pecha coa estrea de O conto da Azuzaina e as últimas producións de Morcego, La Yogurtera e Chévere.
-
A retrospectiva This is Now, desenvólvese todos os martes de xuño cunha ampla panorámica da produción independente de cine e vídeo en Gran Bretaña durante os anos oitenta. Do mércores ao venres 10 de xuño programaranse tres sesións de curtametraxes de alumnos da EIS de Someso, que comezou a súa andaina en 1991 canda a filmoteca galega.
-
O vídeo-clip amosa imaxes de distintas localización da xeografía ourensá e galega coa canción "El ganador", composta por Marta Sánchez especialmente para a ocasión. O spot emitirase por televisión a partir do 2 de xullo, "para anunciar a proba e animar á xente a visitar Galicia", según o director xeral de "La Vuelta".
-
Manuel Baltar afirma que se trata “dun libro imprescindible para que os ourensáns coñezamos máis a fondo a nosa historia e para que os que nos visitan saiban da esencia do noso ser e das nosas orixes”. José María Eguileta explica que a obra “ofrece ao lector pinceladas arqueolóxicas da cidade e da provincia de Ourense".
-
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou que a gobernabilidade de España se facilitaría “se quen goberna é quen ten o maior respaldo da cidadanía, que de acordo coas eleccións e co que vamos coñecendo das análises demoscópicas é o Partido Popular”.