Notas
-
O Concello de Santiago súmase á celebración do Día das Letras Galegas e ao recordo a Manuel María, o autor homenaxeado este ano. O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira Branca Novoneyra presentaron as actividades organizadas polos departamentos de Lingua e Acción Cultural para lembrar a obra do poeta chairego.
-
Puy contrapón a imaxe de unidade do PPdeG no seu congreso coas trifulcas internas doutras formaciónsO portavoz do Grupo Popular afirmou que o PPdeG “está traballando para ofertar un programa e un goberno estables para o futuro de Galicia encabezado por Feijóo. Respecto do novo secretario xeral, Miguel Tellado, indicou que “se trata dunha persoa coa que estamos encantados de traballar” e amosouse seguro de que “vai ser capaz de cumprir coas funcións que se lle encomendaron”.
-
A actividade desenvolverase os días 21 e 22 deste mes nas rutas das Rías Baixas e do Ribeiro e o 28 e 29 nos itinerarios de Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras. As xornadas inclúen o servizo do Bus do Viño e menús especiais nos restaurantes de cada zona. O visitante poderá acceder de forma gratuíta a máis de 100 adegas de Galicia e realizar catas e degustacións.
-
O Museo do Mar de Galicia acolleu a primeira reunión técnica de responsables de museos marítimos para procurar unha ruta común. Conviven en Galicia un importante número de museos e centros de interpretación vencellados ao mar que teñen como obxectivo preservar a memoria marítima e mariñeira.
-
Esta obra forma parte de la exposición “A paisaxe contra a parede” que el autor va a inaugurar en el Museo Provincial de Lugo el próximo 12 de mayo.
-
Presentouse a programación do Festival de Cans que do 18 ao 21 de maio congregará nesta aldea do Porriño profesionais dos sectores audiovisual e musical, veciños e afeccionados de toda Galicia. A Consellería de Cultura e Educación volve apoiar economicamente o encontro a través das subvencións da Agadic a festivais audiovisuais.
-
Manuel Baltar e o director xeral da “Vuelta a España” deron a coñecer a repercusión promocional e económica que o evento suporá para a provincia, cun movemento de 2.500 persoas na caravana e cunha audiencia total estimada en España de 2,3 millóns de espectadores.
-
Feijóo refírese aos ex-presidentes da Xunta como os activos principais “dese galeguismo e dese europeísmo que forxan o noso autogoberno”, durante a presentación do libro Fernando González Laxe discursos parlamentarios, o segundo volume da colección do Parlamento dedicada aos presidentes de Galicia.
-
Queremos Galego reivindica cambios na lexislación que eviten decretazos como o do ensino ou sentenzas como a do TSXG. Marcos Maceira: “Vivir en galego é un dereito, non unha concesión”. “A escasa e limitada lexislación que ampara o galego non pode ser utilizada para atacar os espazos conquistados para a lingua pola sociedade”.
-
O Marisquiño defínese como unha marca con personalidade propia que lles achega aos seus seguidores unha ampla oferta cultural, coa música como complemento á programación deportiva. O festival, con 21 actuacións, repite como sede da World Cup Skateborading con 14 modalidades de deportes urbanos como o Flatland.