Notas
-
Por esta actividade, coordinada pola Concellería de Educación, pasarán 2.749 alumnos de Secundaria de toda Galicia e da provincia de Zamora. O mércores 13 de abril prográmanse as representacións de Euménides, de Esquilo, e do Xemeos, de Plauto.
-
O mércores, 13 de abril, comeza o Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, máis diverso que ofrecerá ata o domingo 17 a proxección de 45 filmes xunto a outras actividades paralelas coma concertos, clases maxistrais, debates,... O cartel da edición de 2016 inspírase na obra de Charles Burnnet a quen se adica unha retrospectiva.
-
A Ruta da Lamprea constitúe un novo produto turístico que pon en valor os principais recursos naturais, gastronómicos e culturais de 18 municipios ao redor dos labores de pesca e a gastronomía deste singular peixe. Destácase a relevancia internacional alcanzada por esta festa avalada pola declaración de interese turístico internacional.
-
O acto de entrega do prestixioso galardón, que conta coa Raíña Dona Sofía como presidenta de honra, terá lugar o 13 de abril no Auditorio Nacional de Madrid.
-
A Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, presentou o resumo de actividades organizadas durante o pasado ano. En total, no recinto feiral celebráronse 10 feiras e 26 eventos que atraeron a máis de 116.000 visitantes, a 906 expositores e 350 relatores achegados dun total de 47 países.
-
El dúo chileno integrado por Rodrigo “Coti” Aboitiz e Ignacio Redar, teloneros de La Unión, presenta en el Fnac de A Coruña su nuevo trabajo discográfico: Cambiando. Editado en 2014, está disponible en iTunes y en Spotify.
-
Las actividades que la Asociación de Actores y Actrices de Galicia (AAAG) desarrolla en torno a la figura de María Casares se enmarcan en la conmemoración del vigésimo aniversario de su muerte. La Casa Museo Casares Quiroga, la residencia donde la intérprete coruñesa pasó su infancia, acoge un coloquio y un recital alrededor de la actriz.
-
Trátase da segunda montaxe producida no marco desta rede de intercambio teatral, da que forman parte o CDG e a ESAD de Galicia xunto cos teatros portugueses D. Maria II e o São João e as escolas superiores ESTC de Lisboa e ESMAE do Porto. O galego Tito Asorey dirixe a obra que se estrea o 1 de xuño.
-
A actividade busca poñer en valor a formación musical que se imparte neste centros e promover o coñecemento da literatura galega entre os máis novos. A iniciativa promovida pola Xunta e o Consello da Cultura Galega reunirá a medio milleiro de rapaces en Cangas o 3 de xuño.
-
Un ano máis, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s convidou a todos os seus soci@s e persoas amantes da cultura tradicional galega a asistir ao Xantar Gaiteiro. O lugar escollido para a celebración desta XXI edición foi o Concello de Ordes onde @s asistentes puideron gozar do canto, o baile e a música tradicional, e dun menú consistente nun cocido galego e postres tradicionais.