Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O BNG, nunha reunión estratéxica, trasladoulle a Anova (a formación liderada por Xosé Manuel Beiras) a súa vontade de sumar forzas para conformar unha candidatura nacionalista que podería ser clave na derrota do PPdeG nas eleccións autonómicas de 2016. O BNG non apoia alianzas estatais.
  • O Gaiás acorda con Incolsa, empresa pública de promoción turística en Santiago, ter unha presenza destacada na súa oficina. Puntos de alta concentración turística como a Alameda de Santiago, a Casa do Cabido ou o Museo das Peregrinacións, contarán con plasmas ou estruturas informativas, así como hoteis, estación de tren e aeroporto.
  • A pianista Paula Ríos e a soprano Eva Juárez interpretan este traballo editado coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura e que contribúe á recuperación do patrimonio musical de Galicia. Recolle a gravación, por vez primeira, da obra para piano solo e para canto e piano desta parella na vida e na arte que representa o esforzo dos artistas pertences á Xeración do 27 por rexenerar a creación musical da época.
  • Muros (A Coruña), Mondoñedo (Lugo), Monforte de Lemos (Lugo), Combarro (Pontevedra), Betanzos (A Coruña), A Guarda (Pontevedra), Allariz (Ourense), Ortigueira (A Coruña), Viveiro (Lugo) e Ribadavia (Ourense), seleccionados por Niumba, de TripAdvisor, como los 10 pueblos de Galicia que el visitante debe recorrer.
  • O simposio internacional Viaxes e camiños: relacións interculturais entre España e Italia, propón varios días de reflexión sobre a viaxe como tema recorrente ao longo dos séculos tanto para descubridores ou aventureiros como para creadores e investigadores.
  • Trátase dun novo programa gastronómico que, entre o 18 ao 27 de marzo, involucra a máis de 20 cafeterías e restaurantes da capital galega que inclúen nas súas cartas produtos e preparacións doces tradicionais da Semana Santa, como torrixas, leite fritida, bolos de vento, rosquillas, melindres, rosca, chocolates "de paixón" ou tortas.
  • Con estas prazas en convocatoria pública, a Xunta de Galicia reforza eidos prioritarios como a loita contra a fraude e o control das finanzas públicas, así como o corpo administrativo e o auxiliar. Máis de 750 persoas opositarán pola quenda reservada á discapacidade. A realización do primeiro exercicio prevese para antes do verán.
  • “O señor Besteiro está sufrindo as consecuencias duns niveis de esixencia a outras forzas políticas, ou mesmo dentro da súa forza política, que quizais non foron razoables e que agora lle abocan a tomar esta decisión”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, respecto da situación do secretario xeral dos socialistas galegos.
  • 6 probas de ciclismo teñen lugar ao longo do ano na Eurocidade Tui-Valença. Cinco delas son de bicicleta de montaña e unha de bicicleta de estrada. As excelentes condicións que presenta a Eurocidade para a práctica da BTT con lugares tan singulares coma o Parque Natural do Monte Aloia ou o Monte Faro, así coma a Fortaleza de Valença ou o Conxunto Histórico de Tui, xunto á boa organización dos clubs locais, e a colaboración de centos de voluntarios, marcan en destacado estas actividades na axenda dos afeccionados ás dúas rodas.
  • gadic colabora co III Premio Pegada de teatro radiofónico convocado pola Escola Superior de Arte Dramática e cunha dotación dun lote de cen libros sobre creación e investigación teatral. O prazo de recepción de orixinais, que deben ser inéditos e estar escritos en galego, remata o 4 de abril de 2016.