Notas
-
Nesta cuarta edición, e por vez primeira desde a súa creación, catro escritoras e escritores participarán nos demandados encontros gratuítos, que se celebrarán durante distintas mañás de sábado do mes de abril, maio e xuño. As e os autores, que empregaron A Coruña como escenario das súas obras, guiarán percorridos pola cidade herculina.
-
No concerto de presentación do seu novo disco, o sábado 12 de marzo no Salón Teatro da capital de Galicia, Xosé Constenla estará acompañado de Fredi Marugán ás guitarras, Javier Constenla ao piano, Pablo Sanmamed ao baixo e Andrés Rivas á batería. Preséntase como o seu traballo máis maduro, persoal e sofisticado.
-
Na reunión, celebrada en Bruxelas, na que participa o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o Consello Político de Partenalia presenta diante do Comité das Rexións os avances acadados polos gobernos locais intermedios en transparencia, democratización e bo goberno das institucións.
-
O patrón da Fundación TIC, Álvaro Santos, presentou un vídeo promocional da primeira volta cicloturista por etapas de Galicia con chegadas e saídas en Lugo, Muras e Sarria. A Volta está dividida en 3 etapas que suman uns 400 km. de distancia 7.000 metros de desnivel positivos.
-
A Oficina de Acollida ao Peregrino rexistrou entre o 1 de xaneiro e o 1 de marzo un total de 3.070 peregrinos, un 8,61% máis que no pasado ano 2015. Os peregrinos estranxeiros sumaron un total de 1.77. Os grupos de peregrinos estranxeiros máis numerosos procederon de Corea, Portugal, Italia, Alemaña, Estados Unidos, Brasil, Xapón, Francia, Irlanda e Reino Unido.
-
José Raúl Clavero Blázquez, gañador Premio Literario Camilo José Cela 2015 pola obra ‘Ausencias’ –da que o xurado valorou “o interese do tema, a creación dunha tensión narrativa e o valor cinematográfico da historia”–, recibiu o premio no marco deste acto celebrado en Padrón, onde tamén tivo lugar a conferencia Cela e Galicia.
-
O sábado 5 de marzo, ás 21:00h, represéntase na Sala Capitol de Santiago de Compostela, o espectáculo Galadas, con motivo do Día Internacional da Muller. Trátase dunha acción multidisciplinar dirixida pola artista Mercedes Peón en colaboración con diferentes mulleres de diversas disciplinas artísticas.
-
Salienta que máis de 40 edificios rehabilitados, case 100 vivendas recuperadas e ocupadas por familias e máis de 25 locais comerciais habilitados fan que o Casco Vello sexa de novo un espazo de dinamismo central; e avanza a recuperación de 30 novas vivendas e 11 locais comerciais.
-
A candidata popular apela “aos principios éticos e aos valores que inspiran a acción política” do Partido Popular. Reivindica a unidade do partido e amósase convencida de que o conclave “enriquecerá” á formación. Confía en que o 6 de marzo os compromisarios voten “en liberdade e con ilusión” e que se respecten as regras do xogo.
-
O Salón Teatro da Consellería de Cultura e Educación acolleu a presentación dos espectáculos e profesionais finalistas aos XX Premios María Casares, que se entregan o 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Un total de 14 espectáculos acadaron algunha candidatura nos 14 apartados nos que se dividen estes galardóns.