Notas
-
Ana Pontón, a encargada de liderar o proceso de refundación no BNG, presentou a candidatura que calificou de "plural para darlle un novo impulso ao BNG nun momento difícl". Pontón subliñou que o proceso de refundión seguirá a folla de ruta que marquen as bases na Asamblea nacional do 28-F: "é o momento da militancia", dixo.
-
A Área de Cultura da Deputación de Lugo inaugurou esta tarde, na Capela de Santa María, a reedición da exposición “Imaxinando Cantares Gallegos”.
-
O Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración avanzan no acordo de colaboración polo que se edita unha obra adicada emigrante Eliseo Pulpeiro, editor da revista Céltiga, unha das máis salientables das publicadas polos galegos da diáspora. Visitan Galicia imaxinada.
-
Os traballos teñen por obxecto mellorar a suxeición da cuarcita das fachadas e acométense agora que os edificios aínda están en garantía e, polo tanto, as obras non teñen custo para a Xunta. A Fundación destaca que se adoptaron todas as medidas para garantir a seguridade dos traballadores e visitantes.
-
O presidente da Asociación Española de Medicina Interna, Emilio José Casariego, será o pregoeiro da Semana Santa de Viveiro nesta edición de 2016, según consta no programa de difusión cultural Adral elaborado pola Xunta de Cofradías para os días comprendidos entre o 27 de febreiro e o 19 de marzo.
-
Converter a astronomía nunha cuestión ao alcance de todos os públicos. Así define o seu obxectivo principal o proxecto de divulgación astronómica da USC TodoCosmos (A Astronomía ao alcance de todos: colaboración Universidade-Concello-Organismos Públicos e Empresas), co financiamento da FECYT na terceira edición.
-
A deputada Ana Pontón é a candidata á Portavocía nacional do BNG ao encabezar a lista de cincuenta persoas aprobada polo Consello Nacional para a renovación deste órgano de dirección, unha proposta que será sometida á consideración da militancia na XV Asemblea nacional do 28 de febreiro. Por primeira vez unha muller ten o peso da responsabilidade política aparellada á refundación.
-
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC conmemora o centenario da primeira edición de La Casa de La Troya. O luns, 22 de febreiro, réndese homenaxe a Alejandro Pérez Lugín con motivo da edición da súa novela, adaptada ao cine onde obtivo gran propularidade. O Museo recrea o ambiente estudiantil da pensión na Compostela do XIX.
-
Preséntase a oferta semestral no Auditorio de Ourense, logo de bater rexistros de asistencia en 2015A programación comeza co concerto Todo me fala de ti de Uxía e Magín Blanco (sábado, 12h) e Tolemaxias, do mago Teto. O tráfico de espectadores incrementouse un 26,5% respecto do ano anterior, chegando a un total de 104.042 persoas nos 494 epsectáculos. A infantil e familiar segue sendo o eixo básico xunto á música, teatro, ópera-rock...
-
Ramón Villares, o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), visitou os talleres ocupacionais da asociación lucense Aspnais que conmemora o seu 50º aniversario cunhas xornadas semanais de portas abertas e un amplo programa de actividades.